Terrence James Elijah Ross, nado en Portland (Oregón) o 5 de febreiro de 1991, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Instituto Ross xogou no Jefferson High School en Portland os seus dous primeiros anos de instituto. Coma sophomore, Ross gañou o premio Oregon 5A ó Xogador do Ano, tras liderar a Jefferson a gañar o primeiro de tres campionatos de estado consecutivos. Pasou o súa tempada coma júnior na Montrose Christian School en Rockville, Maryland. Ross volveu ó Jefferson High School no seu derradeiro ano, pero non xogou ó baloncesto.

Traxectoria universitaria Na primeira tempada de Ross coma xogador universitario, acadou 8 puntos, 2,8 rebotes e 1 asistencias por partido. Foi incluído coma mención honorífica no equipo All-Freshman da Pac-10. Foi incluído tamén no mellor equipo de todo o torneo tras facer 15,3 puntos e 2,7 rebotes por partido no Torneo Pac-10.

Na súa tempada coma sophomore, fixo 16,4 puntos, 6,4 rebotes e 1,4 asistencias por partido. Grazas a esta actuación, Ross formou parte do primeiro Equipo All-Pac-12. Washington chegou ás semifinais do torneo nacional, pero perdeu contra os Minnesota Golden Gophers. Nese torneo, Ross acadou 25 puntos e 5,5 rebotes por partido. O 1 de abril de 2012, Ross decidiu declararse elixible para o Draft da NBA de 2012.

Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Ross foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Toronto Raptors.

O 14 de febreiro de 2017, Ross foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2017 ós Orlando Magic a cambio de Serge Ibaka.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Portland, Oregón Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns