é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 23 de abril do 1994.
En galego, saíu á venda en DVD O 4 de abril do 2005, sen ser proxectada nos cinemas.
Sinopse Cacho sorte tivo a familia Nohara! Veñen de gañar un sorteo no que lles tocou unha viaxe ao Reino do Cu, un paraíso nunha illa tropical do que moi poucos escoitaron falar... Pero non todo é tan marabilloso como parece. O que o pequeno bulebule e os seus pais non saben é que foron vítimas dunha estratatexama argallada polo Exército Cobra Branca.
Estas vacacións imprevistas son só unha trampa para que o malvado conde Anaconda e os seus axentes acaden un tesouro dun valor incalcualble. A intención destes inimigos é usar a Shin Chan como chave que lles vai conducir aos seus obxectivos. E é que Shin Chan é dereitiño ao príncipe Sunnokeshi do Reino do Cú e nesta civilización perdida da xungla existe a crenza de que dous nenos iguais están predestinados a abrir a porta do palacio subterráneo que contén o poder total.
O que o Exército Cobra Branca descoñece é que Shin Chan non é unha peza doada de controlar e que non hai lendas nin trucos máxicos que poidan resisitir o seu carácter de fedello. Ademais, durante a aventura, Shin Chan, seus pais e os amigos que atopa polo camiño terán que sortear uha chea de perigos e situacións senlleiras co humor e o descaro do cativo Shinnosuke.
Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2005. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin'nosuke Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Nene Montse Davila Tamao Hayashi Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada Príncipe Sunnokeshi Chelo Díaz Taeko Kawata Lulú de Chacarel Montse Davila Sayuri Conde Anaconda Alfonso Valiño Kosei Tomita Habbu Luís Iglesia Koji Nakata Nina Andrés Bellas Yusaku Yara Sally Chema Gagino Kaneto Shiozawa Rei do Reino do Cú Paco Barreiro Kohei Miyauchi
Voces adicionais: ▪ Antón Rubal. ▪ Lucía Cid. ▪ Nora Abad.
Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 約束See You! (Prométoche que nos habemos volver ver!) interpretada por Kyoko Kishi. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.
Véxase tamén Outros artigos Shin-chan Ligazóns externas Shin-chan na illa do tesouro en Culturagalega.gal
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Mitsuru Hongo Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 1994 con versión en galego