Dama Alaricana foi unha marca de cervexa artesá producida na Portela de Aira Vella (Allariz). A cervexa recibe o seu nome do pseudoxentilicio feminino da localidade, elixindo o feminino pola importancia da muller na sociedade e na historia de Galiza.
Características A Dama Alaricana é unha cervexa fabricada de xeito artesanal, dende o moído e a adición do gran, ata a etiquetaxe das botellas. Na súa produción non se empregan conservantes nin colorantes artificiais, non está pasteurizada e realiza a súa segunda fermentación en botella.
Tipos de cervexa Dama Alaricana elaboraba un único tipo de cervexa: Queimada. Recibe o seu nome en substitución do máis común e coñecido: “Tostada” ou “Torrada”. É unha cervexa de alta fermentación estilo Pale Ale, elaborada con catro clases distintas de malte de cebada (Pale Ale, Caramel Lixeiro, Melanoidine e Aromatic malt), dous lúpulos (Citra e Amarelo), auga pura da Portela de Aira Vella e fermento para cervexas ales de alta fermentación. Posúe unha cor ámbar con fulgores avermellados e escuma densa e branca. O seu aroma é intenso claramente maltoso a cereal, con notas de galleta acaramelada e coñac, mentres que o seu sabor é doce e lixeiramente áspero ao padal con amargor seco e sutil, retrogusto cítrico e curto. Ten unha gradación alcohólica de 5,4 graos.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Dama Alaricana Dama Alaricana na TVG
Categoría:Marcas de cervexa de Galicia Categoría:Allariz