miniatura|Casa natal de Tito.

Kumrovec é unha pequena vila croata situada a 25 km ao noroeste de Zagreb, e pertencen á rexión de Zagorje preto da fronteira con Eslovenia.

Pese ao seu reducido tamaño é coñecida por sela vila natal do militante comunista e presidente da República Federal Socialista de Iugoslavia, Josip Broz Tito.

Na actualidade a casa natal do dirixente Iugoslavo, unha construción típica de finais do século XIX, forma parte do Museo Etnolóxico Staro Selo (traducido ao galego: Museo Etnolóxico Pobo Vello), que é o maior museo etnolóxico ao aire libre de Croacia. Este Museo comezou a construírse no ano 1977 e consta de 18 casas e unhas 40 construcións agrícolas, incluíndo aparellos da vida diaria, maquinaria agrícola, fornos, teares, ferrerías etc, excelente mostra da vida rural da rexión a comezos do século XX.

Demografía Kumrovec é o centro administrativo do concello co mesmo nome, que segundo o censo do ano 2011 contaba con 1593 habitantes repartidos en sete asentamentos:

Donji Škrnik (169 hab.) Dugnjevec (67 hab.) Kladnik (155 hab.) Kumrovec (269 hab.) Podgora (45 hab.) Ravno Brezje (216 hab.) Razdrto Tuheljsko (97 hab.) Razvor (196 hab.) Risvica (276 hab.) Velinci (103 hab.)

Véxase tamén

Ligazóns externas Vídeo do Museo Etnolóxico Galería de fotos do Museo Etnolóxico Páxina web Oficial

Categoría:Vilas de Croacia