Terrence Stephen "Steve" McQueen, nado o 24 de marzo de 1930 en Beech Grove e finado o 7 de novembro de 1980 en Ciudad Juárez, foi un actor estadounidense.
Traxectoria Mocidade McQueen nunca coñeceu o seu pai, que abandonou a súa nai pouco antes de nacer el. Criouse na casa do seu tío no estado de Missouri, e aos doce anos era un mozo rebelde. O seu tío tomou a decisión de envialo coa súa nai, que vivía nos Ánxeles, mais tan só dous anos despois foi enviado a un reformatorio.
Abandonou o reformatorio e vagou ata alistarse nos marines en 1947. Cinco anos máis tarde, tendo en conta que o goberno prestaba axuda económica aos militares para que se reincorporasen á vida civil, decidiu ser actor e comezou a estudar no Actors Studio de Nova York.
Cinema En 1955 conseguiu o seu primeiro papel en Broadway e un ano despois actuou en papeis secundarios no cinema. En 1958 protagonizou o filme de ficción científica The Blob. Durante os anos seguintes, de 1958 a 1961, protagonizou a serie de televisión Wanted Dead or Alive, que o fixo un actor moi popular, lanzouno á fama e valeulle o recoñecemento da crítica.
Pero o filme que o converteu nunha estrela foi A grande evasión (1963). Foi candidato ao Óscar ao mellor actor por protagonizar The Sand Pebbles (1966) e repetiu o éxito con Bullitt (1968). Ese mesmo ano protagonizou outro clásico, The Thomas Crown Affair (1968).
A partir de entón, McQueen foi combinando papeis de acción, como o filme de carreiras de coches Le Mans (1971), o éxito The Getaway (1972), con papeis de carácter, como en Papillon (1973), demostrando que ademais dunha estrela era un bo actor. Outros papeis salientables foron os de The Cincinnati Kid e o filme de Sam Peckinpah, Junior Bonner.
Despois de The Towering Inferno (1974) e en que McQueen compartiu cartel con actores como Paul Newman e William Holden, retirouse durante uns anos do cinema. Regresou en 1978 para actuar en An Enemy of the People, baseado na obra homónima de Henrik Ibsen.
McQueen foi un grande afeccionado ás motocicletas e aos automóbiles de carreiras. Amaba as máquinas veloces e aproveitaba cada ocasión que podía para conducir el mesmo os vehículos nas escenas dos seus filmes en que había persecucións de motocicletas ou coches. No transcurso da súa carreira como actor chegou a considerar seriamente converterse en piloto de carreiras. Foi amigo persoal do mestre de artes marciais Bruce Lee.
Despois de 1978, McQueen protagonizou dous filmes máis, un dos cales, Tom Horn, destaca pola súa excelente interpretación.
Falecemento Steve McQueen morreu de cancro de pulmón en 1980 aos cincuenta anos en Ciudad Juárez, Chihuahua, México. Crese que a doenza puido estar relacionada coa inhalación do amianto que contiñan os traxes que usaba para limpar os cascos dos buques da mariña.
Vida persoal McQueen casou en tres ocasións: Coa actriz e bailarina filipina Neile Adams (1956-1972), nai dos seus dous fillos Terry Leslie e Chad. Coa actriz e modelo Ali MacGraw (1973-1978). Casou con Barbara Minty en xaneiro de 1980, dez meses antes de morrer.
Filmografía Girl on the Run (1953) Somebody Up There Likes Me (1956) Never Love a Stranger (1958) The Blob (1958) Wanted: Dead or Alive (1958-1961) – Serie de televisión The Great St. Louis Bank Robbery (1959) Cando ferve o sangue (1959) Man from the South (1960) – Alfred Hitchcock Presents Os sete magníficos (1960) The Honeymoon Machine (1961) Hell Is for Heroes (1962) The War Lover (1962) A grande evasión (1963) Soldier in the Rain (1963) Love with the Proper Stranger (1963) Baby the Rain Must Fall (1965) The Cincinnati Kid (1965) Nevada Smith (1966) The Sand Pebbles (1966) Think Twentieth (1967) – short Bullitt: Steve McQueen's Commitment to Reality (1968) – Curtametraxe The Thomas Crown Affair (1968) Bullitt (1968) The Reivers (1969) Le Mans (1971) On Any Sunday (1971) – documental Junior Bonner (1972) The Getaway (1972) The Life and Legend of Bruce Lee (1973) – documental Papillon (1973) The Towering Inferno (1974) Dixie Dynamite (1976) Bruce Lee, the Legend (1977) – documental An Enemy of the People (1978) – Tamén produtor executivo Tom Horn (1980) – Tamén produtor executivo The Hunter (1980)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Terrill, Marshall (2020). Steve McQueen: In His Own Words. Deerfield, IL: Dalton Watson. .
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados no condado de Marion, Indiana Categoría:Actores de Indiana Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood