Carles Casals i Ribes, nado en Barcelona en 1852 e finado en Bonastre en 1908, foi un organista, pianista e compositor moi vinculado á vila de El Vendrell (Cataluña). Os seus fillos Enric e, moi especialmente Pau Casals foron músicos de renome.
Traxectoria Cando tiña 20 anos presentouse para a praza de organista da igrexa parroquial de El Vendrell, gañándoa; posteriormente dirixiría tamén o coro. Entre os anos 1890 e 1891 renunciou á praza de organista e trasladouse a Barcelona coa súa familia. Carles Casals tiña execentes cualidades para a pedagoxía musical e gañouse a vida dando clases de solfexo e piano, onde tivo un gran número de discípulos, entre os que salientan a súa dona, Pilar Defilló e os seus fillos Enric e Pau; tamén o foron os músicos de El Vendrell Benvingut Socias (pianista), Bonaventura Dini (violonchelista) e Pau Palau Calaf.
Obras Los pastorcillos en Belén (1883), remusicación duns pastorets de Nadal antigos que eran representados en El Vendrell. Música de Carles Casals, con algunha colaboración do seu fillo Pau, quen daquela contaba con sete anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Reportaxe de RTV El Vendrell sobre a reestrea de ''Los Pastorcillos de Belén
Categoría:Organistas Categoría:Pianistas de Cataluña Categoría:Compositores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1908