Juan Carlos Alonso Pita, nado en Ferrol o 6 de xullo de 1886 e finado en Buenos Aires o 15 de febreiro de 1945, foi un caricaturista, pintor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo dun contramestre da Armada, trala morte de seu pai emigrou á Arxentina aos 13 anos e instalouse en Buenos Aires. Logo de varios traballos, cando estaba de camareiro comezou a colaborou na revista Caras y Caretas da man de José Cao, e chegou a ser caricaturista de éxito. En 1919 converteuse en director da revista e logo fundou e dirixiu Plus Ultra. Tamén se dedicou á pintura (dentro do estilo da denominada Escola arxentina) realizando exposicións en Buenos Aires, Madrid, Roma e o Río de Xaneiro. Foi Presidente da Comisión de Escuelas de la Provincia de Buenos Aires.
Véxase tamén Bibliografía Entrada "Alonso, Xoán Carlos" do Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega