Joseph Twisleton Wykeham Fiennes, nado o 27 de maio de 1970 en Salisbury, é un actor inglés de cine, teatro, televisión e voz.
Traxectoria É fillo da novelista Jennifer Lash e do fotógrafo Mark Fiennes, e irmán do tamén actor Ralph Fiennes. Tamén é primo terceiro do explorador Ranulph Fiennes.
É coñecido sobre todo polo teatro (traballou para a Royal Shakespeare Company) e por interpretar o propio Shakespeare en Shakespeare in Love (1998), película que obtivo 13 nomeamentos nos Óscar dos que gañou sete, incluído "Mellor Filme".
Coprotagonizou xunto a Jude Law a película Enemy at the Gates (2001), onde interpretou a Danilov, un comisario político de segunda clase asignado a Stalingrado. Un ano despois traballou en Killing Me Softly e en 2003 foi o protagonista de Luther. En 2004 protagonizou The Merchant of Venice.
En televisión foi o protagonista da serie Flashforward (2009-2010).
Joseph Fiennes formou parte do elenco de American Horror Story para a súa segunda tempada, Asylum, que se estreou nos Estados Unidos o 17 de outubro de 2012. Xunto a Jessica Lange, Adam Levine, Zachary Quinto e Evan Peters, entre outros.
En 2017 interpretou a Fred Waterford na serie de televisión The Handmaid's Tale, baseada no libro O conto da criada da autora Margaret Atwood.
Filmografía Cine Stealing Beauty (1996) – Christopher Shakespeare in Love (1998) – William Shakespeare Elizabeth (1998) – Robert Dudley, Earl of Leicester Martha, Meet Frank, Daniel and Laurence (1998) – Laurence Forever Mine (1999) – Manuel Esquema/Alan Riply Rancid Aluminium (2000) – Sean Deeny Enemy at the Gates (2001) – Comisario Danilov Dust (2001) – Elijah Leo (2002) – Stephen Killing Me Softly (2003) – Adam Sinbad: Legend of the Seven Seas (2003) – Proteus (voz) Luther (2003) – Martin Luther The Merchant of Venice (2004) – Bassanio The Great Raid (2005) – Maior Gibson Man to Man (2005) – Jamie Dodd Running with Scissors (2006) – Neil Bookman The Darwin Awards (2006) – Michael Burrows Goodbye Bafana (2007) – James Gregory The Escapist (2008) – Lenny Drake The Red Baron (2008) – Capitán Arthur Roy Brown You Me and Captain Longbridge (2008) – Narrator Spring 1941 (2008) – Artur Planck Against the Current (2009) – Paul Thompson The Games Maker (2014) - Morodian Hércules (2014) - Rei Euristeo Strangerland (2015) - Matthew Parker Psy (2015) - Home americano Risen (2016) - Clavius On Wings of Eagles (2016) - Eric Liddell
Televisión Pretty/Handsome (2008) - Bob Fitzpayne FlashForward (2009–2010) - Mark Benford Camelot (2011) – Merlín American Horror Story (2012-2013) - Timothy Howard Urban Myths (2017) - Michael Jackson The Handmaid's Tale (2018) - Fred Waterford Fiennes: Return to the Nile (2019) - El mesmo
Vida privada Está casado coa modelo suíza María Dolores Diéguez, con quen ten dous fillos. A orixe galega da familia Diéguez leva a que o actor visite con frecuencia Trives, onde ten unha casa..
Véxase tamén Notas
Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Wiltshire Categoría:Ingleses de ascendencia escocesa Categoría:Ingleses de ascendencia irlandesa