André Greipel, nado o 16 de xullo de 1982 en Rostock, é un ciclista de Alemaña. Fíxose profesional en 2005 no modesto equipo Wiesenhof, asinando ó ano seguinte co poderoso T-Mobile. En 2008 marchou para o Columbia-HTC, e en 2011 pasou a defender as cores do Omega Pharma-Lotto.

Palmarés Greipel é un notable sprinter, con vitorias nas tres Grandes Voltas, e algún triunfo en carreiras dunha semana. Adoita loitar polas clasificacións por puntos da regularidade. Os éxitos mais salientables da súa carreira son: 7 vitorias de etapa no Tour de Francia (1 en 2011, 3 en 2012, 1 en 2013, 1 en 2014 e 1 en 2015). 2 vitorias de etapa no Giro de Italia (1 en 2008 e 1 en 2010). 4 vitorias de etapa na Vuelta a España (as 4 en 2009). Gañador do Tour Down Under en 2008 e 2010. Bronce no Mundial de ciclismo en ruta de 2011.

Equipos Team Wiesenhof (2005) T-Mobile Team (2006-2007) Team HTC-Columbia-High Road (2008-2010) Team Columbia (2008) Team Columbia-HTC (2009) Team HTC-Columbia (2010) Omega Pharma-Lotto (2011-2012) Omega Pharma-Lotto (2011) Lotto-Belisol Team (2012) Véxase tamén

Ligazóns externas Ruta de adestramento de André Greipel

Categoría:Ciclistas olímpicos de Alemaña Categoría:Nados en Rostock Categoría:Nados en 1982 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012