é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 2004.

En galego, saíu á venda en DVD o 22 de outubro do 2008, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse

Shinnosuke e os seus amigos xogan perseguíndose os uns aos outros pola rúas da cidade de Kasukabe, sen saber que, pouco despois, van vivir unha aventura de película. A curiosidade do grupo de amigos lévaos ata o interior dun antigo cinema: o Kasukabe Odeón, onde todos eles, agás Shin Chan, desaparecerán dun xeito misterioso.

Shinnosuke volve máis tarde coa súa familia ao cinema para saber que foi o que pasou. Os Nohara quedan abraiados cando de súpeto aparecen... no oeste americano! Viaxaron no tempo e no espazo! É alí onde se atopan coa panda de Shin Chan e cunha chea de xente máis que, coma eles... Foron convertidos nos protagonistas dun filme!

A preocupación apodérase da familia Nohara cando lles comunican que alí o tempo non avanza, que a memoria desaparece e o peor de todo: que non hai maneira de regresar. Mike, un cinéfilo maníaco da sétima arte, é o que descobre que o tempo non corre porque o filme no que apareceron está pola metade. Polo tanto, para poder volver a súa casa, terán que lle dar un final á historia. Esta vez máis ca nunca, o Exército de Kasukabe dirixido por Shin Chan, terá que demostrar que son uns auténticos heroes de película!

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2008. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Himawari Nohara Helena Amoedo Satomi Koorogi Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba Masao Xermana Carballido Teiyu Ichiryusai Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Nevado Montse Davila Mari Mashiba Tsubaki Chelo Díaz Ayaka Saito Mike Antón Cancelas Yasuo Muramatsu Justice Love Ramiro Taboada Kiyoshi Kobayashi Subordinado de Justice Alfonso Valiño Hisao Egawa Profesor Okegawa Miguel López Varela Takashi Nagasako

Voces adicionais: ▪ Antonio Rey. ▪ Antón Rubal. ▪ Coté Sansegundo. ▪ Gaspar Somoza. ▪ Luís Iglesia. ▪ Xosé Tanas.

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é ○(マル)あげよう (O círculo hánolo dar) interpretada polo grupo xaponés NO PLAN, os cales fan unha aparición na película.

Véxase tamén Outros artigos Shin-chan

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Tsutomu Mizushima Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego