Goran Bregović (en cirílico Горан Бреговић), nado en Saraxevo o 22 de marzo de 1950 é un músico e compositor de Bosnia e Hercegovina, recoñecido internacionalmente que se autodefine como iugoslavo.

Biografía De pai croata e nai bosníaca é un compositor que se caracteriza pola mestura de sons do folclore tradicional balcánico con rock, música búlgara e outros estilos musicais. As súas obras máis famosas foron as elaboradas para as bandas sonoras de varias películas, sobre todo películas do director iugoslavo Emir Kusturica, e pola creación do tema que representou a Serbia no Festival de Eurovisión en 2010, Ovo Je Balkan.

Discografía Kad bi bio bijelo dugme (1974) Ima neka tajna veza (1974, sinxelo) Sta bi dao da si na mom mjestu (1975) Eto! Bas hocu! (1976) Milovan / Goodbye Amerika (1976, sinxelo) Koncert kod Hajducke Cesme (1977, en directo) Bitanga i princeza (1979) Dozivjeti stotu (1981) Singl ploce 1974 - 1975 (1982) Singl ploce 1976 - 1980 (1982) Uspavanka za Radmilu M. (1983) Kosovka djevojka (1984) Pljuni i zapjevaj moja Jugoslavijo (1986) Czas Cyganow (1990) Arizona Dream (1993) La reine Margot (1994) Underground (1995) Ederlezi (1996) Irish Songs (1998) Tuvalu (2000) Kayah & Bregovic (2000) Song Book (2000) Tales and Songs from Weddings and Funerals (2002) Balcanica (2002) Kris & Goran (2002) Karmen with a Happy Ending (2007) Alkohol (2008)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Goran Bregović

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Saraxevo Categoría:Músicos de Bosnia e Hercegovina