O Circuíto Internacional de Losail (árabe: حلبة لوسيل الدولية) é un circuíto de carreiras de 5.400 metros de lonxitude situado a 20 km. nas aforas da cidade de Lusail, 20 km. ao norte de Doha, Qatar.

Construído en pouco menos dun ano por 1.000 traballadores cun custo de 58 millóns de dólares, a pista inaugurouse en 2004 co Gran Premio de Motocilismo de Qatar de 2004, gañado por Sete Gibernau.

A pista ten unha lonxitude de 5,380 km, cunha recta principal de 1,068 metros. Está rodeado de herba artificial para evitar que a area invada a pista.

En 2007, Losail engadiu iluminación exterior permanente para carreiras nocturnas. Naquel momento, a iluminación do circuíto de Losail por Musco Lighting era o maior proxecto de iluminación deportiva permanente no mundo, distinción que agora pertence a outro recinto deportivo do golfo Pérsico, o Circuíto de Yas Marina en Abu Zabi. A primeira carreira nocturna da historia de MotoGP foi o Gran Premio de motociclismo de Qatar de 2008 en marzo de 2008.

En febreiro 2009, tivo lugar unha carreira das GP2 Asia Series nocturna. Nico Hülkenberg logrou o récord de volta na clasificación con 1:35.741.Losail International Circuit, Qatar 2009 - GP2 Asia results - autoevolution.com

O WSBK visitou Losail en 2005-2009 e 2014-2019; e o WTCC disputouse alí entre 2015 e 2017.

O circuíto acollerá a 20ª carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un de , a edición inaugural do Gran Premio de Qatar.

Características

Capacidade espectadores: 8.000 Lonxitude do circuíto: 5´380 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 57 voltas = 306´660 quilómetros. Curvas: 16 curvas (6 a esquerdas e 10 a dereitas). Anchura máxima: 12 metros. Configuración aerodinámica: Aceleración a fondo: Tempo de freado: Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: medio Desgaste dos pneumáticos: Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): Marca volta:

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Losail NºJAnoPilotoConstrutorMotorPneus.TempoLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de1 Lewis HamiltonMercedesMercedes 1:24:28,471h5,380 km57227´663 km/h21. novembro Qatar – Non disputado 2 Max VerstappenRed BullRBPT 1:27:39.168 h. 5,419 km. 57 231,364 km/h 8. outubro 3 Max VerstappenRed BullRBPT 1:31:05.323 h. 5,419 km. 57 203,461 km/h 1. decembro 4 h. 5,419 km. 57 30. novembro

Historial de motociclismo Resultados das carreiras do Campionato do Mundo de Motociclismo celebradas no Circuíto Internacional de Losail:

Ano Data 125cc / Moto3 250cc / Moto2 MotoGP 2015 8 de abril Alexis Masbou Jonas Folger Valentino Rossi 2014 8 de abril Jack Miller Esteve Rabat Marc Márquez 2013 8 de abril Luis Salom Pol Espargaró Jorge Lorenzo 2012 8 de abril Maverick Viñales Marc Márquez Jorge Lorenzo 2011 20 de marzo Nico Terol Stefan Bradl Casey Stoner 2010 11 de abril Nico Terol Shoya Tomizawa Valentino Rossi 2009 9 de marzo Andrea Iannone Héctor Barberá Suspendeuse pola choiva 2008 9 de marzo Sergio Gadea Mattia Pasini Casey Stoner 2007 10 de marzo Héctor Faubel Jorge Lorenzo Casey Stoner 2006 26 de marzo Álvaro Bautista Jorge Lorenzo Valentino Rossi 2005 10 de outubro Gábor Talmácsi Casey Stoner Valentino Rossi 2004 2 de outubro Jorge Lorenzo Sebastián Porto Sete Gibernau

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gran Premio de Qatar

Ligazóns externas Sitio web oficial do Circuíto Internacional de Losail Trackpedia's guide to driving the Losail International Circuit Google maps satellite view of Losail International Circuit

Losail Categoría:Deporte en Qatar