Jeremy Emmanuel Lamb, nado en Henrico, Virxinia, o 30 de maio de 1992, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Lamb foi ó Norcross High School da súa vila natal, onde foi capitán do equipo de baloncesto, e fixo 20 puntos e 6 rebotes por partido, liderando a Norcross ó campionato rexional, ó Elite 8 dos playoffs do Estado, e a unha marca final de 27-3. Tras chamar a atención do adestrador Jim Calhoun, uniuse ós UConn Huskies para a universidade.

Durante o seu primeiro ano en Connecticut, Lamb xogou en todos os partidos. Acadou 11.1 puntos por partido, segundo máximo anotador do equipo tras Kemba Walker. Conseguiu a máxima anotación da súa carreira contra Marquette o 25 de xaneiro de 2011, tras anotar 24 puntos. No torneo da Big East de 2011, Lamb fixo 14.2 puntos e axudou ós Huskies a gañar o torneo, e conseguir a terceira praza para o Torneo da NCAA.

No Torneo da NCAA de 2011, Lamb aumentou a súa anotación ata 16.2 puntos por partido, e igualou a súa máxima anotación con 24 puntos contra San Diego State no Sweet 16, o 24 de marzo de 2011. No partido polo título nacional, anotou 12 puntos e capturou 7 rebotes na vitoria dos Huskies contra Butler por 53-41.

A tempada de 2011-12 foi algo decepcionante para Lamb e para UConn. Malia o gran talento do equipo, non puideron conseguir unha marca positiva de vitorias durante a tempada regular, e foron eliminados na primeira rolda do Torneo da NCAA tras perder contra os Iowa State Cyclones. Tras a tempada de 2012, Lamb declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.

NBA O 28 de xuño de 2012, Lamb foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Houston Rockets. O 27 de outubro de 2012, Lamb foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a Kevin Martin e varias futuras eleccións do Draft a cambio de Cole Aldrich, Daequan Cook e James Harden.

O 25 de xuño de 2015, Lamb foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio de Luke Ridnour e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016. O 2 de novembro e 2015, acordou unha extensión de contrato cos Hornets por tres anos e 21 millóns de dólares.Hornets Sign Guard Jeremy Lamb To Contract Extension

O 7 de xullo de 2019, Lamb asinou cos Indiana Pacers.

O 8 de febreiro de 2022, Lamb foi traspasado xunto a Domantas Sabonis, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía nos UConn Huskies

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings