Jose Antonio Vázquez Taín, nado en Zarracós (A Merca) en 1968, é un xuíz galego, un dos máis populares, recibindo alcumes coma "o Garzón galego" ou "o Robin Hood de Vilagarcía".El Grupo Correo Gallego eligió al juez Vázquez Taín como Gallego del mes... El Correo Gallego, 2/6/2006 .
Traxectoria Fillo do mestre e político Manuel Vázquez Outeiriño. A infancia e mocidade pasounas na cidade de Ourense, no barrio das Lagoas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Destinado en 1999 ao Xulgado de Instrución n.º 1 de Vilagarcía de Arousa, converteuse no perseguidor no narcotráfico.
Entre os seus éxitos está a captura en 2003 do maior alixo de cocaína do século en Galicia, de arredor de sete toneladas, a bordo do South Sea.Siete operaciones en ocho meses... La Voz de Galicia, 7/12/2003 . Nos anos 2011 e 2012 levou o caso do roubo e posterior recuperación do Códice Calixtino.
En xaneiro de 2013 publicou a súa primeira novela A lenda do santo oculto, en xullo actuou como maxistrado de reforzo no caso do accidente ferroviario de AngroisDescarrila un tren de pasajeros cerca de Santiago provocando al menos 78 muertos 20 minutos . e en setembro fíxose cargo do caso Asunta Basterra.
Controversia En 2019, Vázquez Taín absolveu un garda civil de Betanzos de non prestar axuda a unha muller ameazada polo seu exmarido que horas despois matou o seu fillo de 14 meses facendo estalar unha bomba de gas no interior do seu coche en Paderne.
Obra bibliográfica Santiago. La Leyenda Del Santo Oculto, 2013, Teófilo Comunicación.Teófilo Comunicación Al infierno se llega deprisa, 2014, Espasa. Matar no es fácil, 2015, Espasa. El mar sin fondo, 2016, Espasa. Grandes juicios de la historia, 2018, Espasa. Pulso al estado, 2019, Espasa. Más allá y más arriba, 2020, Espasa.
Recoñecementos Premio Ourensanía 2012 da Deputación de Ourense. Premio Ourensanía 2012..., Deputación de Ourense, 09/11/12.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. Vol. X. (2007).
Ligazóns externas 20px Lo importante era recuperar el Códice..., entrevista en TVE o 8/07/2012 .
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Merca Categoría:Nados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes