Kosmos 49 (Космос 49 en ruso), tamén denominado DS-MG N°2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 24 de outubro de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.

Características Kosmos 49 foi o segundo e último satélite da serie DS-MG. Foi inxectado nunha órbita inicial de 271 km de apoxeo e 215 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 51,3 graos e un período de 91,9 minutos.

O satélite pesaba 400 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas eléctricos de orientación no espazo e facer medicións da magnetosfera terrestre. Xunto co outro satélite da serie DS-MG, Kosmos 26, Kosmos 49 supuxo a contribución da Unión Soviética ó Estudo Magnético Mundial correspondente ó programa internacional IQSY (International Quiet Sun Year). Reentrou na atmosfera o 21 de agosto de 1965.

Notas

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-MG