Xosé Enrique Comesaña Pedreira, nado en Navia, Vigo, o 16 de xullo de 1962, é un músico galego.

Traxectoria Membro fundador do grupo Berrogüetto, do que segue a formar parte na actualidade, colaborou tamén con Armeguín, Fía na Roca e Uxía.

Mestre de guitarra na Escola da Vaca (Ferrol).

Traballos discográficos Traballos publicados con Berrogüetto Instrumentos: bouzouki, arpa céltica, mandolina, banjo e cítolas.

Navicularia, 1996. A cantar con Xabarín, 1998. Cantigas de Nadal, 1999. Viaxe por Urticaria, 1999. Hepta, 2002. 10.0, 2006. Kosmogonías, 2010. O pulso da terra, 2011.

Traballos publicados con Armeguín Instrumentos: guitarra, arpa céltica e mandolina.

Os viaxeiros da luz, 1991. Arca marmórica, 1992. Armeguín, 1993. De raíz, 1999.

Traballos publicados con Fía na Roca Instrumentos: Guitarra, bouzouki, arpa céltica, mandolina e banjo.

Fía na roca, 1993.

Traballos publicados con Uxía Instrumentos: Bouzouki e arpa céltica.

Estou vivindo no ceo, 1995.

Participación noutros traballos colectivos Arpa céltica en O Circo Montecuruto, de Os Cempés, 2000. Arpa céltica, cítolas e percusións en A illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro, 2005. Arpa céltica en Contos e coplas das estrelas, no Ano Internacional da Astronomía, 2009. Bouzouki en Koneripaty, de J. C. San Martín, 2009. Arpa céltica en Cor das verbas, de Lulavai, 2010.

Premios Con Berrogüetto Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997. Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998. Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999. Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002. Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002. Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002. Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007. Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007. Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.

Véxase tamén

Bibliografía Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia. Ligazóns externas Web de Berrogüetto

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes