Acontecementos Guerra de Restauración Portuguesa: 14 de xaneiro - Batalla de Elvas: as tropas portuguesas, dirixidas polo conde de Castanhedo, derrotan o exército español que mandaba Luís de Haro. 17 de febreiro - As tropas españolas recobran a praza-forte de Salvaterra de Miño, na antiga Provincia de Tui, en poder dos portugueses desde anos atrás, os cales, no tempo da súa pose, a rebautizaran como Salvaterra de Portugal. 7 de novembro - Tratado dos Pireneos, entre España e Francia, polo cal a primeira perde os territorios da denominada Cataluña norte: Rosellón, Cerdanya e Conflent.

Ciencia e tecnoloxía O holandés Christiaan Huygens observa unha mancha en Marte, que nomea como Syrtis Major. A través da súa observación determina un período de rotación do planeta en 24,5 horas, medición moi aproximada ás actuais.

Nacementos Henry Purcell, compositor inglés (m. 1695). 1 de febreiro - Jacob Roggeveen, explorador neerlandés (m. 1729). 20 de xullo - Hyacinthe Rigaud, pintor francés († 1743).

Mortes 10 de outubro: Abel Tasman, explorador holandés (* 1603). García Sarmiento de Stotomayor, vicerrei de Nova España (n. 1595).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1659