Gargoyles (coñecida como Gargoyles: The Goliath Chronicles na terceira tempada) é unha serie de animación estadounidense creada por Greg Weisman e producida por Greg Weisman e Frank Paur, que se emitiu orixinalmente en televisión dende o 24 de outubro de 1994 ata o 15 de febreiro de 1997. Gargoyles é coñecido pola súa complexa historia arco e o drama escuro. O videoxogo baseado na serie e a serie de banda deseñada foron creados no ano 1995. A historia continuou alén da serie de televisión nunha serie de libros de banda deseñada, tamén chamada Gargoyles, que se publicaron entre os anos 2006 e 2009, e que foron escritos polo propio Weisman e producidos por Slave Labor Graphics.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1994 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1997 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1990