Acontecementos África Os portugueses expulsan os holandeses da illa de San Tomé e de Luanda en Angola. A capital do reino de Marrocos é desprazada para Fez. América 11 de abril - Auto de fe xeral en México. Dos 109 condenados (108 como xudaizantes), 57 son queimados en efixie e 13 en persoa. 18 de febreiro - Segunda batalla de Guarapes: os portugueses derrotan os holandeses preto de Pernambuco, Brasil.
Asia Fundación de Urga (actualmente capital de Mongolia).
Europa miniatura|esquerda|300px| Decapitación de Carlos I de Inglaterra, gravado alemán do s. XVII 30 de xaneiro - O rei Carlos I de Inglaterra é decapitado. Proclámase unha república, a Commonwealth, como forma de goberno. Carlos Estuardo autoproclámase como rei baixo o nome de Carlos II de Inglaterra. Os tres parlamentos británicos rexeitan esa proclamación. René Descartes chega a Estocolmo.
Arte e cultura O pintor francés Nicolas Poussin remata o "Xuízo de Salomón" (hoxe no Museo do Louvre, París). Franz Hals realiza o Retrato de Descartes (hoxe no Museo do Louvre, París). O filósofo francés René Descartes publica en París o "Traité des passions" (Tratado das paixóns).
Nacementos 2 de febreiro - Bieito XIII, papa da Igrexa católica. 26 de xullo - Clemente XI, papa da Igrexa católica. Gérard Edelinck, gravador francés de orixe flamenga (m. 1707).
Mortes 30 de xaneiro - Carlos I de Inglaterra, executado (n. 1600). 18 de xuño - Juan Martínez Montañés, escultor andaluz, en Sevilla (n. 1568). 16 de outubro - Isaac van Ostade, pintor neerlandés
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1649