Francisco José de Goya y Lucientes, nado en Fuendetodos (Zaragoza) o 30 de marzo de 1746 e finado en Bordeos (Francia) o 16 de abril de 1828, foi un pintor e gravador español. A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o Romanticismo. A arte goiesca supón, así mesmo, o comezo da Pintura contemporánea, e é considerado o precursor das vangardas pictóricas do século XX.
Tras unha lenta aprendizaxe na súa terra natal, no ámbito estílistico do barroco tardío e as estampas devotas, viaxa a Italia en 1770, onde traba contacto co incipiente neoclasicismo, que adopta cando marcha a Madrid a mediados desa década, xunto cun pintoresquismo costumista rococó derivado do seu novo traballo como pintor de cartóns para os tapices da manufactura real de Santa Bárbara. O maxisterio nesta actividade e noutras relacionadas coa pintura de corte impoñíao Mengs, e o pintor español máis reputado era Francisco Bayeu, que foi cuñado de Goya.
Unha grave enfermidade da que adoece en 1793 lévao a achegarse a unha pintura máis creativa e orixinal, que expresa temáticas menos amables que os modelos que pintara para a decoración dos palacios reais. Unha serie de cadriños en folla de lata, ós que el mesmo denomina de capricho e invención, inician a fase madura da obra do artista e a transición cara a unha estética romántica.
Ademais, a súa obra reflicte o convulso período histórico no que vive, particularmente a Guerra da Independencia, da que a serie de estampas dos Desastres da guerra é case unha reportaxe moderna das atrocidades cometidas e compoñen unha visión exenta de heroísmo onde as vítimas son sempre os individuos de calquera clase e condición.
Gran popularidade ten a súa Maja desnuda, en parte favorecida pola polémica xerada en torno á identidade da bela retratada. De comezos do século XIX datan tamén outros retratos que emprende o camiño cara á nova arte burguesa. Ó final do conflito hispano-francés pinta dous grandes cadros a propósito dos sucesos do levantamento do dous de maio de 1808, que sentan un precedente tanto estético como temático para o cadro de historia, que non só comenta sucesos próximos á realidade que vive o artista, senón que acada unha mensaxe universal.
Pero a súa obra culminante é a serie de pinturas ó óleo sobre o muro seco con que decorou a súa casa de campo (a Quinta do Xordo), as Pinturas negras. Nelas Goya anticipa a pintura contemporánea e os variados movementos de vangarda que marcarían o século XX.
Traxectoria Naceu en Fuendetodos, creceu en Zaragoza e morreu en Madrid. Ós 14 anos foi presentado a José Luzán, un artista amigo de seu pai. Casou con Josefa Bayeu, irmá de Francisco Bayeu, en 1773.
Autor prolífico, xa que entre gravados e pinturas a súa obra cóntase por centos. A súa influencia posterior foi grande, pois a súa arte era tanto subxectiva como subversiva, nunha época en que tales actitudes non eran predominantes. A súa énfase no primeiro plano e o fondo das imaxes difuso máis tarde influenciaron a Édouard Manet.
Goya foi pintor oficial da Corte española e profesor da Academia de Belas Artes. A súa obra é considerada unha transición entre o Neoclasicismo e o Romanticismo.
Realizou na súa xuventude unha viaxe a Italia que influíu na súa concepción da pintura, xa de novo en España entrou a traballar na Real Fábrica de Tapices, os cartóns alí realizados están inspirados na vida cotiá dos madrileños, cunha cor luminosa de incontables matices e en xeral alegres e frescos.
Os horrores da guerra da independencia producíronlle unha forte convulsión que se plasmou na serie Os desastres da guerra, reflectindo violenta e espantosamente a realidade, ese mesmo espírito continuou na pintura dos fusilamentos do tres maio de 1808 e na Carga dos Mamelucos, dúas obras mestras nas que Goya homenaxea a liberdade cunha forte carga antimilitarista.
Nas súas últimas obras amosa a súa decepción polo inmobilismo tras a guerra, son obras cada vez máis íntimas ata chegar a serie das chamadas pinturas negras que decoraban a Quinta do Xordo, lugar onde se retirara en 1819. Son obras de interpretación controvertida, aínda que é indubidable a referencia á situación do pobo e de España, transformando expresivamente a realidade, constituíndo un anticipo da pintura contemporánea.
En 1824 marchou a Francia cun permiso do rei, mantendo a condición de pintor de cámara. Logo de dous meses en París, estableceuse en Bordeos, onde realizou a serie Tauromaquia. Nos seus últimos retratos volveu á cor como A leiteira de Bordeos no cal tecnicamente anticipa o impresionismo.
Anos de formación (1746-1774) Nacemento e xuventude miniatura|220px|A Tripla xeración, 1760?-1769 (Xerez da Fronteira, colección particular).
Francisco Goya Lucientes naceu en 1746 no seo dunha familia de mediana posición socialDa súa condición social di Nigel Glendinning en Francisco de Goya, Madrid, Cuadernos de Historia 16, 1993, pág. 21:Ao respecto das súas orixes, véxanse tamén «La familia de Goya: ascendientes y descendientes», en Infogoya, páxina da Universidad de Zaragoza e a Institución «Fernando el Católico»-Consejo Superior de Investigaciones Científicas; e información verbo da súa árbore xenealóxica na página web «Genealogías de Uncastillo» . de Zaragoza, que ese ano se trasladara á viliña de Fuendetodos, sita a uns corenta quilómetros ó sur da capital, mentres se rehabilitaba a casa onde vivían. O seu pai era un artesán de certo prestixio, mestre dourador, cuxas relacións laborais sen dúbida contribuíron á formación artística de Francisco. Ó ano seguinte volveron a Zaragoza, se ben os Goya mantiveron sempre o contacto coa vila natal do futuro pintor, como revela o feito de que o seu irmán máis vello, Tomás, que seguiu co oficio do pai, instalara alí o seu taller en 1789.
Cando Francisco tiña pouco máis de dez anos, xa comezados os seus estudos primarios probablemente nos Escolapios de Zaragoza, a familia atravesou dificultades económicas que puideron obrigar o moi novo Goya a axudar co seu traballo a superaren a crise. Talvez este feito explique que o seu ingreso na Academia de Debuxo de Zaragoza, dirixida por José Luzán, non se producise ata 1759, unha idade (trece anos) algo tardía para o que era habitual. Da súa actividade durante a aprendizaxe con Luzán, que se prolongaría ata 1763, sábese moi pouco, e, en palabras de Bozal, nada [de la pintura de Goya] se conserva de aquellos años.Bozal (2005), vol. 1, pág. 26. Porén, atribuíronse a esta etapa algúns cadros de tema relixioso que acusan o estilo barroco tardío napolitano do seu primeiro mestre, que se pode percibir en Sagrada Familia con San Xoaquín e Santa Ana perante o Eterno en gloria, datada, segundo José Manuel Arnaiz, entre 1760 e 1763.José Manuel Arnaiz, «A Tripla Xeración», en Realidad e imagen, Goya 1746 - 1828. Catálogo de la exposición celebrada en el Museo de Zaragoza del 3 de octubre al 1 de diciembre de 1996, Madrid, Electa, 1996. ISBN 978-84-8156-130-2.
Goya, en todo caso, é un pintor cuxa aprendizaxe progresa lentamente, e a súa obra de madurez revelarase tarde. Non é estraño que non obtivera o primeiro premio no concurso de pintura de terceira categoría convocado pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando en 1763, no que o xurado non lle outorgou ningún voto en competencia con Gregorio Ferro.Bozal (2005), vol. 1, pág. 27. Tres anos máis tarde, esta vez na convocatoria de primeira clase, volveu tentalo a fin de obter unha bolsa de formación en Roma, de novo sen éxito.
Esta decepción puido motivar o seu achegamento ó pintor Francisco Bayeu -con cuxa familia tiñan parentesco os Goya-, que fora chamado a Madrid en 1763 por Mengs para colaborar na decoración do Palacio Real de Madrid. En decembro de 1764 un curmán de Bayeu casou cunha tía de Goya. É moi probable que o pintor de Fuentedetodos se trasladase á capital de España por estas datas na procura de protección do novo mestre, como indica o feito de que Goya se presentase en Italia en 1770 como discípulo de Francisco Bayeu.
Viaxe a Italia Tralos dous intentos frustrados de obter apoio material para levar a cabo a obrigada viaxe para estudar os mestres italianos in situ, Goya, cos seus propios recursos, parte cara a Roma, Venecia, Boloña e outras cidades italianas, onde consta a súa aprendizaxe da obra de Guido Reni, Rubens, El Veronés ou Rafael Sanzio, entre outros grandes pintores.
miniatura|esquerda|290px|Aníbal vencedor, 1770 (Madrid, Museo del Prado).
En canto o seu percorrido e actividades durante esta viaxe de estudos existe un valioso documento, un álbum de apuntamentos denominado Cuaderno italiano, que inaugura unha serie de cadernos de esbozos e anotacións conservados na súa meirande parte no Museo do Prado. Estes álbums distínguense cunha letra que vai da A á H e que marca unha orde cronolóxica. Neles atópase o groso dos debuxos de Goya, unha expresión moi valiosa da súa arte pola liberdade e rapidez coa que están executados. Neste terreo, pola contra, é o Caderno italiano o máis convencional, pois supón un caderno de traballo, de exercicios, máis que un corpus de obra orixinal.
En Parma concursa nunha convocatoria pictórica, con tema obrigado de xénero histórico, na que, se ben non obtivo o máximo galardón, si unha mención especial do xurado.Santiago Alcolea Blanch, Aníbal, máscaras y anamorfosis en el Cuaderno italiano de Goya [en línea], Barcelona, Instituto Amatller de Arte Hispánico, 1998. [Consulta: 30.10.2007]. O seu Aníbal vencedor contempla por primeira vez Italia desde os Alpes amosa como o aragonés se despoxou das convencionais composicións de estampa devota aprendidas de José Luzán e do cromatismo tardobarroco (vermellos, azuis escuros e intensos e glorias alaranxadas como representación do sobrenatural relixioso) para adoptar unha invención máis arriscada, inspirada nos modelos clasicistas, así como unha paleta de tons pasteis, rosados, suaves azuis e grises perla.
Goya asumiu con esta obra a estética neoclásica, recorrendo á alegoría mitolóxica en figuras, como o minotauro que representa as fontes do río Po ou a Vitoria laureada baixando do ceo no carro da Fortuna.
Xa en 1771, Goya volve a España, talvez urxido pola enfermidade do seu pai ou por recibir a encarga da Xunta de Fábrica do Pilar de realizar unha pintura mural para a bóveda do coreto da capela da Virxe.
Pintura mural e relixiosa en Zaragoza miniatura|250px|Detalle do Nacemento da Virxe, da serie de pinturas da Cartuxa de Aula Dei, 1774.
Nestes anos a actividade de Goya foi intensa. Decora cun gran fresco que rematou en 1772, A adoración do nome de Deus, a bóveda do coreto da Basílica do Pilar, obra que satisfixo á Xunta de Fábrica do templo. Decontado emprende a realización das pinturas murais da capela do palacio dos condes de Sobradiel, conxunto de pintura relixiosa que foi arrincado en 1915 e dispersado en pezas que se conservan na súa meirande parte no Museo de Zaragoza. Destaca o que foi o teito, O enterro de Cristo, que se pode contemplar no Museo da Fundación Lázaro Galdiano.
Pero o maior empeño constitúeo o conxunto de pinturas da igrexa da Cartuxa de Aula Dei de Zaragoza, un mosteiro sito a unha ducia de quilómetros ás aforas da cidade. Confírmao un friso de grandes pinturas ó óleo sobre muro que relata a vida da Virxe dende os seus antecedentes familiares (San Xoaquín e Santa Ana) ata a Presentación de Xesús no templo. O esforzo culminou en 1774 e é a mostra da capacidade de Goya para este tipo de pintura de carácter monumental, que foi resolto con formas rotundas e pincelada enérxica.
Se os emolumentos da encarga do coreto do Pilar foran inferiores ós que cobraban os seus colegas, só dous anos despois o imposto de industria polo que cotiza 400 reais de prata era maior do que pagou o seu primeiro mestre, José Luzán. Goya era xa o pintor máis valorado dos que traballaban en Aragón.