O parque eólico experimental Sotavento é un parque eólico propiedade da Fundación Sotavento Galicia, situado na Serra da Loba a 10 km ao sur das Pontes de García Rodríguez, entre os concellos de Xermade (provincia de Lugo) e Monfero (provincia da Coruña), a unha altitude de 600–700 m.

Función O parque de Sotavento ten a súa orixe en 1997 como parque eólico experimental, ten como obxectivo a difusión e experimentación de tecnoloxías eólicas e enerxéticas. Promoción, difusión, formación, fomento e debate de tódolos aspectos relacionados coas enerxía renovables. Realización de probas e investigacións de tecnoloxía en enerxías renovables. Dar a coñecer a importancia do aforro enerxético. Iniciativas que dean a coñecer as enerxías renovables en particular a enerxía eólica.

+ Datos técnicos Número de aeroxeradores 24 Tecnoloxías presentes 5 Máquinas diferentes 9 Potencia nominal do parque 17,56 MW Xeración anual prevista 38.500 MWh Liña de 9 km ata a subestación de Mourela, de Unión Fenosa a 132 kVVentos predominantes do SO ou NEVelocidade media anual de ±7 m/s

Función educativa Dende 2002 Sotavento e as súas instalacións son exposicións educativas permanentes. Hai visitas guiadas de estudantes e persoas interesadas en coñecer as enerxías alternativas.

En 2005 iniciouse un proxecto con Gas Natural e a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia para a obtención de hidróxeno construíndo no parque unha planta experimental de obtención de hidróxeno a partir da electricidade eólica.

En 2009 iniciou un proxecto de vivenda de máxima eficiencia enerxética construíndo unha vivenda unifamiliar duns 200 m² no propio parque de Sotavento onde se poden ver en funcionamento as tecnoloxías dispoñibleshttp://www.sotaventogalicia.com/area_tecnica/galego/py_vivienda_bioclimatica.php Eficiente da Enerxía na Edificación ENVITE.

En decembro de 2012 o parque acadou as 200.000 visitas nos 10 anos que leva en funcionamentoPalacios, Xosé María (16/12/2012). "Sotavento alcanza las 200.000 visitas" La Voz de Galicia ..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Sotavento

Categoría:Parques eólicos de Galicia Categoría:Xermade Categoría:Monfero