Margarida Corral Sánchez, nada en Pontedeume en 1976, é unha socióloga e política galega.

Traxectoria É licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Foi concelleira da Muller, Servizos Sociais e Sanidade polo BNG de Mugardos entre 2003 e 2007. Traballou como preparadora laboral en FADEMGA, e dende o 2005 traballa como técnica de igualdade na Confederación Intersindical Galega.

Colabora en revistas como Terra e Tempo.

Publicacións Guía práctica para a elaboración, implementación e avaliación dun PLAN DE IGUALDADE nunha empresa. CIG. Deputación da Coruña. Xullo 2007 Guía formar en igualdade forGA. Novembro de 2007 Guía dos dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero. Confederación Intersindical Galega. Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia. Novembro de 2007 A aplicación da lei orgánica de igualdade no ámbito laboral. Confederación Intersindical Galega. Marzo de 2007 Guía da linguaxe non sexista. Confederación Intersindical Galega Marzo de 2006 I Plan de Acción Sindical para a igualdade de mulleres e homes 2005-2009. Confederación Intersindical Galega. Decembro de 2005.

Notas

Véxase tempo Ligazóns externas Perfil de Margarida Corral en Linkedin

Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en 1976