El Alcance foi un xornal editado en Santiago de Compostela de 1892 a 1898.
Historia e características Subtitulado Diario católico, independiente, telegráfico. Defensor de los intereses morales y económicos de Galicia, apareceu a principios de decembro de 1892.El Lucense, 5-12-1892, p. 3. Fundado e dirixido por Antonio Fernández Tafall, editábase con censura eclesiástica. Os xoves publicaba o suplemento cultural Los Jueves de El Alcance. Editou un monográfico sobre Alfredo Brañas (1 de xuño de 1893), no que apareceron artigos de Manuel Murguía e Salvador Cabeza de León, e o discurso de Brañas pronunciado nos Xogos florais de Barcelona.
Segunda etapa Apareceu o 3 de febreiro de 1897, coa mesma tendencia católica e rexionalista conservadora. Foron os seus redactores Alfredo Brañas, Francisco Romero Blanco e Salvador Cabeza de León.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela
Categoría:1892 en Galicia