El Combate foi un semanario que se publicou en Monforte de Lemos en 1934. Historia e características Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu o 23 de setembro de 1934. Fundado e dirixido por Jesús Ramos Rodríguez. Publicación conservadora e católica, órgano de expresión da Federación de Sindicatos Agrarios, controlada por Antonio Maseda Bourio. Entre os seus colaboradores figuraron Leandro Carré Alvarellos e Rosendo Vila Fernández. Publicou un poema de Germán Vázquez dedicado a Castelao e Bóveda, e outro de Anuncia Lorenzo Abella. Deixou de publicarse o 9 de decembro de 1934 co número 14.
Véxase tamén Bibliografía
"Combate, El" (p. 116) en: Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X.
Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos
Categoría:1934 en Galicia