Unha ménsula, do latín mensula é un adorno que sobresae dunha superficie, xeralmente vertical, e que serve para soportar un arco abovedado, unha cornixa, unha figura, busto, vaso etc. Amplamente utilizado en estruturas de formigón, en obras de construción civil.

Terminoloxía As ménsulas de pedra ou madeira que sobresaen da parede para soster unha viga ou outros elementos por un extremo, en ocasións decorada con figuras humanas, animais, vexetais ou xeométricas, en especial cando coincide co extremo da trabe chámanse canzorros. Ás veces "canzorro" tense empregado como sinónimo exacto de ménsula, aínda que é tamén sinónimo de zapata ou zapatón.. Unha ménsula con máis altura ca voo denomínase cartela.miniatura|Dúas ménsulas debaixo de cornixas.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arco Balcón Bóveda Capitel Canzorro Cornixa

Categoría:Elementos arquitectónicos