Cinco semanas en globo (no orixinal en francés Cinq semaines en ballon) é unha novela do escritor francés Jules Verne que foi publicada en 1863. Trátase da súa primeira novela e nela xa aparecen os ingredientes do que será a súa futura obra, mesturando habilmente unha intriga ateigada de aventuras e sobresaltos de todo tipo e descricións técnicas, xeográficas e históricas. O libro leva a cabo un bo resumo das exploracións do continente africano, que daquela non era totalmente coñecido polos europeos e ó que ían moitos exploradores en busca dos seus segredos.
Foi traducida ao galego por María Carmen Campos e publicada en 2005 pola Baía edicións, dentro da colección As mellores aventuras de Xulio VerneFicha do libro en BiTraGa..
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Texto íntegro en Gutenberg.
Categoría:Obras literarias de 1863 Categoría:Novelas en francés Categoría:Novelas de aventuras