Juan Pérez Creus, nado en La Carolina (Xaén) o 28 de abril de 1912 e finado en Madrid en abril de 1999, foi un escritor español.
Traxectoria Foi mestre en La Linea de la Concepción. Participou na Guerra civil española como comisario político do goberno republicano, resultando ferido dúas veces. Licenciouse en Filosofía e marchou traballar a París, en organismos internacionais. De regreso a Madrid, ingresou no Corpo Técnico de Publicacións do Ministerio de Traballo e publicou poesías satíricas, primeiro no diario Arriba, co pseudónimo de Maese Pérez e despois nos semanarios Interviú e Sábado Gráfico, asinando, respectivamente, El Satiricón e Pájaro Pinto.
Nunca visitou Galicia, nin frecuentou amizade de escritores en lingua galega.Mendez Ferrín 1984. Coñeceu o galego a través da lírica medieval e escribiu nesta lingua os libros de poemas As canciós d’ise amor que se diz olvido (1951) e As derradeiras pombas do serán (1988).
Obras Poesía Poemas del Sur, 1932. As canciós d'ise amor que se diz olvido, 1951. Las coplas de Maese Pérez, 1973. Los Cantos de Montenegro, 1981. Molino de viento (Molino de recuerdos), 1984. Los hilos del recuerdo, 1987. As derradeiras pombas da serán, 1988. Romancerillo de la 92 brigada, 1989. Sonetario del desván, 1991.
Narrativa Boletín del Parnaso. Cartas del tío Prudencio. El loto de mil pétalos (La India Milenaria).
Ensaio El poeta también va al fútbol. Los intereses glósicos en la primera infancia Orientación y selección profesional, 1947. África 1966, 1966. A través de la fe llegó la vida, 1998.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Fernández de Cano: "Pérez Creus, Juan" Enciclopedia Universal Micronet. Breve biografía na páxina web do IES Juan Pérez Creus La Carolina, Provincia de Xaén .
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de España Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá