Payin' the Dues é o segundo álbum da banda sueca de garage rock The Hellacopters, editado o 1 de outubro de 1997. Foi o derradeiro disco co guitarrista orixinal Dregen, que deixou a banda para centrarse en Backyard Babies. O álbum foi publicado simultaneamente en CD e vinilo, porén o tema "City Slang" só se atopa na edición en vinilo.

Listaxe de cancións

O tema "City Slang", unha versión da canción de Sonic's Rendezvous Band, aparece na edición en vinilo do álbum no corte 7, despois de "Hey!"

Categoría:Álbums de The Hellacopters Categoría:Álbums musicais de 1997