220px|miniatura|dereita|Uniforme do Movistar Team. O Movistar Team é un equipo ciclista español de categoría UCI ProTour, fundado en 1980, que recibe o seu nome da empresa telefónica Movistar, o seu principal patrocinador. O fundador do equipo foi o ex-ciclista José Miguel Echavarri, quen ocupou o cargo de director deportivo durante décadas xunto a Eusebio Unzué.

Historia 220px|miniatura|Pedro Delgado en 1993. Ó longo da súa historia tivo diversos patrocinadores principais que lle deron o seu nome ó equipo: Reynolds (1980-1989): Durante os primeiros anos do equipo, baixo o patrocinio da empresa navarra de aluminios, os principais éxitos que o equipo acadou foron a vitoria no Tour de Francia 1988 e na Vuelta a España 1989 con Pedro Delgado como líder. Outros ciclistas salientables do equipo naquela época foron Ángel Arroyo, José Luis Laguía e Julián Gorospe. Banesto (1990-2003): A chegada do patrocinio do banco Banesto coincidiu co momento deportivo máis brillante do ciclismo español. O equipo conquistou 5 Tours de Francia e 2 Giros de Italia con Miguel Indurain como estrela indiscutible do equipo. Nos seguintes anos Abraham Olano acadou a Vuelta a España 1998. Illes Balears (2004-2005): Este foi o nome do equipo baixo o patrocinio do goberno autonómico Balear. Caisse d'Espargne (2006-2010): O equipo acadou un novo Tour de Francia na edición 2006 co galego Óscar Pereiro como protagonista. Nos seguintes anos o líder do equipo foi Alejandro Valverde, que gañou a Vuelta a España 2009. Movistar (dende 2011): A compañía de telefonía Movistar fíxose co patrocinio principal do equipo a partir de 2011.

Éxitos nas grandes voltas Trátase dun dos equipos máis laureados da historia do ciclismo, cun total de 13 vitorias en grandes voltas: 20px Tour de Francia (7): 1988 (Pedro Delgado), 1991, 1992, 1993, 1994, 1995 (Miguel Indurain), 2006 (Óscar Pereiro) 20px Giro de Italia (3): 1992, 1993 (Miguel Indurain), 2014 (Nairo Quintana) 20px Vuelta a España (3): 1989 (Pedro Delgado), 1998 (Abraham Olano), 2009 (Alejandro Valverde)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do Movistar Team

Categoría:Equipos ciclistas