miniatura|Elaboración artesanal de augardente. A denominación popular caso do metílico designa un gromo de intoxicación alimentaria acaecida en Galicia e nas illas Canarias durante a primavera de 1963, por consumo de bebidas alcohólicas elaboradas a partir de alcohol metílico, co resultado de 51 falecidos e 9 persoas cegas, aínda que se estima que a cifra real de mortos puido contarse por milleiros. Polas obvias similitudes, o caso metílico foi cualificado posteriormente como a colza do franquismo.

As primeiras mortes coñecidas acaeceron entre mariñeiros do concello de Haría, pequena localidade do norte de Lanzarote. Alí foi descuberta a causa da intoxicación pola farmacéutica asturiana -natural de Villaviciosa- Mª Elisa Álvarez Obaya, figura clave neste drama. Pouco tempo despois observouse un incremento anómalo da mortalidade na comarca do Carballiño, Ourense, que só se relacionou con aquelas cando a noticia dos mariñeiros mortos se publicou na prensa galega.

A venda do alcohol fraudulento e tóxico foi coutada polas autoridades nun prazo relativamente breve, pero a distribución que se fixera antes de coñecerse a toxicidade deste explica que se fosen producindo novas mortes ata maio de 1963.

En decembro de 1967 tivo lugar o xuízo contra os 11 procesados, que resultaron con penas de cadea comprendidas entre 1 e 20 anos e indemnizacións que alcanzaban case os 20 millóns de pesetas. Ningún dos condenados cumpriu máis de 6 anos de cárcere e, ó declarárense insolventes, ningunha vítima ou familiar recibiu ningunha cantidade como indemnización.

Os comezos da intoxicación Nas Canarias miniatura|Casa do concello de Haría, en Lanzarote. As primeiras mortes rexistradas, así como a determinación das causas das mortes, tiveron lugar neste municipio canario. A que se considerou primeira vítima oficial da intoxicación por metílico, Esteban Jesús Pablo Barreto Barreto, morreu na madrugada do 18 de febreiro de 1963, tras tomar unhas copas de ron nun bar de Haría, entre fortes dores abdominais, vómitos e unha súbita cegueira. O 1 de marzo morría de forma parecida María Dolores Zerpa, curiosamente enterradora municipal, o 15 de marzo Santiago Betancor e o 22 de marzo Tomás Pereda, mariñeiro ó que lle deron unha copa de augardente para curar un forte catarro. Nesas mesmas semanas, outras dúas persoas quedaran cegas de forma súbita.

Todas estas mortes e casos de cegueira en tan breve espazo de tempo non podían ser froito da casualidade. Elisa Álvarez Obaya, Inspectora Farmacéutica Municipal naquel concello desde 1961, coñece que as vítimas consumiran alcohol nas horas previas á aparición dos síntomas, e que varias eran clientes habituais da adega de Francisco Pérez Pacheco, en Haría, polo que sospeita dunha intoxicación por metílico. Transmite estas sospeitas ó alcalde da localidade, que lle proporciona un garda e un vehículo, no que recorre todos os bares e comercios do municipio, inmobilizando as bebidas sospeitosas. Ó día seguinte, analiza o contido de botellas, garrafas e bocois, e comproba a presenza de alcohol metílico na augardente. Emite un informe, o 21 de marzo, ó alcalde para que o envíe ó xulgado de Arrecife, competente no caso das mortes acaecidas, que será fundamental para a resolución do caso metílico. Co paso do tempo, a estas vítimas mortais de Lanzarote uniríanse outras nas illas de Tenerife e La Gomera, ata completar un total de 18 falecidos.

A primeira noticia da intoxicación publícase na prensa galega o 30 de marzo, cando o diario Faro de Vigo inclúe nunha páxina interior un breve artigo titulado "Tres persoas morreron e outras dúas perderon a vista ó inxerir ron en malas condicións".Título orixinal: Tres personas han muerto y otras dos perdieron la vista al ingerir ron en malas condiciones. Nesa data, xa morreran 14 persoas en Galicia pola mesma causa pero sen que se soubese a razón: sospeitábase dunha epidemia de meninxite.

En Galicia miniatura|Casa do concello do Carballiño, neste concello faleceron 13 persoas. Simultaneamente, outros casos de cegueira e morte con evolución e cadros clínicos semellantes teñen lugar en distintos lugares da provincia de Ourense, concretamente nas parroquias de Covas e Vales, do concello de San Cristovo de Cea, no Carballiño e no lugar de Porto de Eguas, deste mesmo concelloA comarca do Carballiño reuniu 13 das 25 vítimas mortais da provincia de Ourense, outras cinco acaeceron no concello de Ourense e as outras sete en Verín, Celanova, Ribadavia, Xinzo de Limia e Baños de Molgas.. O médico de Cea, Xosé Nóvoa Seijo, lembra un caso xa a finais de 1962 dun labrego que morrera "moi rápido". Houbo outra morte o 21 de febreiro e unha terceira o 20 de abril. Cando foi atender este último caso, as mortes das Canarias xa saíran na prensa e, sospeitando unha relación causal, preguntou se consumira alcohol antes de sentirse enfermo. Cando se confirmou que bebera licor café puxo en coñecemento da Garda Civil estes feitos por posible intoxicación.

O 26 de abril coñécense as primeiras mortes na provincia da Coruña, tres veciños da parroquia de Sarces, do concello de LaxeFernando Méndez sitúa Sarces, por erro, no concello de Carballo., aínda que posteriormente se recoñeceron dúas mortes anteriores pola mesma causaO primeiro falecemento produciuse en Noia o 17 de marzo.. O 28 de abril faleceu outra persoa en Peliquín (Ourense)"Hasta ahora se sabe de ocho personas muertas a causa del alcohol metílico", artigo en El Pueblo Gallego, 29 de abril de 1963..

Noutros lugares miniatura|Vasos de licor café (diante) e crema de augardente (detrás). O licor café foi un dos licores adulterados con alcohol metílico. Só se recoñeceu un caso de morte por metílico fóra das Canarias e de Galicia: o dun falecido no Sáhara Español, pero no xuízo constatouse que a distribución do alcohol metílico abarcou outras provincias españolas e distintos países europeos e americanos nos que nunca se saberá se houbo mortos por esta causa.

Tense constancia do comiso en Madrid de 1.452 litros de licor café, augardente e xenebra contaminados, así como 300 litros de augardente en Barcelona adquiridos polo Centro Galego desta cidade.

Xa fóra de España, o 10 de maio, o diario barcelonés La Vanguardia publicaba a noticia de que 31 vagabundos neoiorquinos morreran intoxicados por alcohol metílico aínda que posteriormente se puido confirmar que estas mortes non estaban relacionadas co metílico ourensán. Aínda que só fose unha casualidade no tempo, era fácil ver unha relación do caso metílico con estes feitos: sabíase que Manuel López Valeiras, industrial vigués, comprara a Rogelio Aguiar varias partidas de metanol a primeiros de 1963, e que en marzo dese mesmo ano exportara a Nova York cinco caixas de botellas de augardente. A fortuna quixo que a partida fora analizada e, ó comprobar que tiña unha concentración elevada de metanol, fose intervida.

A causa da intoxicación miniatura|Descrición da intoxicación por metanol publicada en Oslo en 1946. Queda fóra de toda dúbida que a intoxicación foi causada polo consumo de bebidas alcohólicas (augardente, ron, licor café, xenebra etc.) elaboradas a partir de alcohol metílico ó que se someteu a diversas mesturas con alcohol etílico. A razón desta manipulación fraudulenta non foi outra que un desmesurado afán de lucro por parte de certos adegueiros que decidiron fabricar bebidas alcohólicas cun alcohol tóxico de entre 9 e 14 pesetas/litro en lugar de facelo con alcohol etílico, valorado nesas mesmas datas nunhas 30 pesetas/litro.

A sentenza admitiu a falta de intencionalidade nas intoxicacións pero declarou probado que os principais industriais implicados coñecían a toxicidade do alcohol que comercializaban, presupoñendo que as mesturas ás que era sometido (e maila rebaixa con auga) diluirían o tóxico ata niveis non perceptiblesFernando Méndez fai fincapé no feito de que ningún dos adegueiros nin os seus familiares resultaron intoxicados, o que -di- evidencia que eran conscientes da súa toxicidade. Non obstante, no seu libro (px. 44) recolle o feito de que Román Lago fillo, que estivo probando unha das elaboracións na fábrica de Aguiar, sufriu mareos e vómitos na súa viaxe de regreso a Vigo, recuperándose totalmente ó día seguinte. En contraposición, houbo dous casos, polo menos, de taberneiros ourensáns que morreron tras beber diante dos seus clientes pretendendo demostrar a calidade dos licores que vendían..

O alcohol metílico

O alcohol metílico, metanol, alcohol de madeira ou alcohol de queimar (CH3OH), é un líquido volátil, incoloro e soluble en auga e outros disolventes. A densidade é de 0,79, o punto de ebulición está nos 65 °C e o de conxelación nos -97 °C. Trátase dun produto de uso industrial, demandado para a elaboración de disolventes, líquido limpaparabrisas, lacas, vernices, produtos plásticos, explosivos etc. Os primeiros métodos de obtención procedían da destilación da madeira (de aí un dos seus nomes) e da extracción da hulla. Métodos posteriores obteñen o composto como un subproduto da fabricación de polímeros.

Na fabricación artesanal de augardente prodúcense pequenas cantidades de metílico, a partir do bagazo, xa que a destilación nos alambiques non garante unha temperatura estable ó longo do proceso, pero nunca alcanza concentracións perigosas. Dende o ano 2008 (con motivo doutras intoxicacións acontecidas posteriormente en Europa) existe unha norma vixente a nivel da Unión Europea (o regulamento Nr. 110/2008 do Parlamento Europeo) que limita de maneira específica as cantidades máximas de metanol residual permitidas nos alcohois destinados ó consumo humano. Para un augardente ou un destilado de froita, por exemplo, fixa uns máximos permitidos de metanol en 10 g•l−1 ou 15 g•l−1 respectivamente (calculado sobre o contido de etanol puro, é dicir, 1.000 gramos por hectolitro de alcohol a 100% vol. para o augardente ou 1.500 g/hl de alcohol a 100% vol., para o caso dos destilados de froitas).Regulamento (CEE) número 110/2008 do Parlamento Europeo e do Consello de 15 de xaneiro de 2008 relativo á definición, designación, presentación, etiquetado e protección da indicación xeográfica de bebidas espirituosas e polo que se deroga o Regulamento (CEE) número 1576/89 do Consello.

Fórmulas do alcohol 105px140px Metílico Etílico O consumo de alcohol metílico provoca un cadro de intoxicación, de gravidade variable segundo a cantidade inxerida e a concentración, a complexión do paciente e o tempo que se tarde en facer un diagnóstico exacto e instaurar un tratamento. A dose tóxica varía entre 60 e 250 ml de metanol ó 40%. Os síntomas aparecen entre os 40 minutos e as 72 horas despois do consumo e comezan con signos de embriaguez, cefaleas, náuseas e vómitos. Prodúcese un cadro de acidose metabólica e aparecen síntomas nerviosos (mialxias, depresión do sistema nervioso central, tremores etc.) e problemas de visión que son característicos por danos do nervio óptico: perda de visión, visión borrosa e cegueira. Finalmente, nos casos mortais, aparecen hipotensión, bradicardia e convulsións, ata que o paciente entra en coma e morre. O catálogo internacional para o diagnóstico de enfermidades da OMS codifica a intoxicación por metanol (alcohol metílico) coa clave CIE T51.1.

A cegueira é un síntoma patognomónico da intoxicación por metílico, e a casualidade quixo que na contraetiqueta dunha das botellas de licor que provocaron esta intoxicación figurase o poema de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro:

Na súa obra sobre o caso, o periodista Fernando Méndez narra o caso dun dos afectados que quedou cego:

Os responsables da fraude miniatura|Audiencia Provincial de Ourense onde foi instruído o caso do metílico.