Acontecementos Europa 10 de xuño: en Francia, a sucesión pasa a Henrique de Navarra, protestante, o que provoca a reacción da liga e a oitava guerra de relixión, a chamada "Dos tres Henriques" (1584-1598). Catro falsos Sebastiáns aparecen en Portugal entre 1584 e 1598. En Rusia, Fedor I ascende ao trono. Enfermizo e simple, rodéase dun consello tutelar (Nikita Romanov, Boris Godounov, os príncipes Mstislavski, Ivan Chouiski, Bogdan Bielski, Zourev. En abril, Bogdan Bielski tenta un golpe contra os demais membros do consello. Os Bielski exílanse. Nikita Romanov, tío do tsar, toma o goberno. A viúva de Iván IV, Marie Nagai e o seu fillo, Dimitri, son afastados a Ouglitch. En maio, reúnese o Zemski sobor e Fedor é coroado. O Sobor vota unha lei que prohibe a extensión da grande propiedade nobiliaria ou eclesiástica e abole os privilexios fiscais dos propietarios.

Asia Os españois chegan a Hirado (Xapón). Phra Narai crea un reino independente en Siam. Na India, a corte mongol pasa de Agra a Fathpur-sikri.

América Walter Ralegih e Richard Grenville organizan a colonización británica de Virxinia.

Nacementos Miyamoto Musashi, militar xaponés. Tirso de Molina, autor teatral español (m. 1648).

Mortes 18 de marzo - o tsar Iván IV, chamado Iván o Terríbel. 22 de agosto - Jan Kochanowski, poeta polaco. Lope Díez Aux de Armendáriz

Outros Giordano Bruno publica Da causa, o principio e a unidade. O bispo Hólar Gudbrandr Thorlaksson traduce a Biblia ao islandés.

Historia ano a ano

Categoría:1584