Flyboys, heroes do aire (en ) é un filme británico-estadounidense dirixido por Tony Bill que se estreou no 2006. Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2010.
Sinopse Historia sobre os pilotos norteamericanos que conformaron a lendaria escuadra Lafayette (do exército francés) na primeira guerra mundial. O texano Blaine Rawlings sofre o desafiuzamento do seu rancho familiar de 900 e atopa o seu novo futuro nas imaxes do cine que informan da Escuadra dos heroes. O recruta Higgins, da Lexión Estranxeira Francesa, pásase do corpo de condutores de ambulancia ó escuadrón de combate. O natural de Nebrasca William Jensen, fillo dun oficial de Cabalería, alístase para manter a tradición militar da familia. Pola súa parte, Briggs Lowry únese ó escuadrón para facer algo de proveito coa súa vida, sucumbindo ás presións do seu rico e poderoso pai. Eddie Beagle, un personaxe fachendoso incapaz de disparar recto, alístase para fuxir do seu pasado. Eugene Skinner, un expatriado americano negro, desexa defender Francia, un país que lle demostrou tolerancia permitíndolle competir e converterse nun campión de boxeo, mentres que nos Estados Unidos no lle terían permitido achegarse a un avión. Durante as semanas iniciais da instrución, Rawlings coñece ó xefe de escuadrón Reed Cassidy, un mozo de 28 anos que xa se converteu nun veterano do voo de combate. Mentres os rapaces se adestran para manexar o último en biplanos franceses, o Nieuport 17, axiña se decatan da gravidade da súa situación: a esperanza de vida dun piloto é de tres a seis semanas.
Personaxes James Franco como Blaine Rawlings Martin Henderson como Reed Cassidy Jean Reno como Capitán Thenault Jennifer Decker como Lucienne Ruth Bradley como Laura Abdul Salis como Eugene Skinner Philip Winchester como William Jensen Tyler Labine como Briggs Lowry David Ellison como Eddie Beagle Augustin Legrand como Tenente Giroux Keith McErlean como Vernon Toddman Michael Jibson como Lyle Porter Gunnar Winbergh como Falcón Negro Ian Rose como Franz Wolferd Todd Boyce como Mr. Jensen Mac McDonald como Sheriff Detweiller Tim Pigott-Smith como Mr. Lowry Lex Shrapnel como Grant Daniel Rigby como Ives
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes sobre a primeira guerra mundial Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego