El cochecito é un filme español dirixido por Marco Ferreri que se estreou en 1960.
Sinopse Don Anselmo Proharán (José Isbert) é un vello totalmente decidido a adquirir un coche de inválido con motor, igual que o que ten o seu amigo paralítico Lucas e outros compañeiros da súa idade. A pesar da oposición de toda a súa familia, Don Anselmo non desiste do seu capricho, mesmo se para conseguilo se ve obrigado a vender as xoias da familia. Cando o seu fillo Carlos (Pedro Porcel) o descobre, obrígao a devolvelo. En vinganza, Don Anselmo toma a decisión de envelenar a súa familia. Cando intenta fuxir no seu cochecito, é detido pola Garda Civil.
Galardóns e nomeamentos 1960: Venecia: Premio da crítica.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1960 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Marco Ferreri