Mireia Belmonte García, nada en Badalona (provincia de Barcelona) o 10 de novembro de 1990, é unha nadadora cataláFicha na páxina web do Comité Olímpico Español ., campioa mundial, europea e dobre subcampioa olímpica.

Traxectoria Comezou a nadar aos 4 anos por recomendación médica para corrixir a súa escoliose. Posteriormente, recibiu unha bolsa para adestrar no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat del Vallès, pasou por diversos clubs e competiu en campionatos europeos e mundiais, conseguindo a vitoria en varios deles.

Participou en dous Xogos Olímpicos, nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, con 17 anos de idade, e nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde conseguiu dúas medallas de prata, en 200 metros bolboretaResultados da final de 200 metros bolboreta femininos. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 . e 800 metros libreResultados oficiais da final dos 800 metros libres femininos Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 ., rebaixando o récord de España desta última modalidade en catro décimas. Dende xaneiro de 2013 compite no Club Natación UCAM Fuensanta de Murcia.

Notas

Categoría:Nadadores olímpicos de España Categoría:Medallistas olímpicos en natación Categoría:Deportistas de Cataluña Categoría:Nados en Badalona Categoría:Nados en 1990 Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2020