Felipe Ruza García, nado en Cequeril (Cuntis) en 1855 e finado en Pontevedra en xaneiro de 1950,La Noche, 1-2-1950, p. 2. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Conservador, foi redactor do Diario de Pontevedra. Home de confianza de José Riestra López, foi xuíz municipal de Pontevedra, deputado provincial polos distritos de Caldas (1878) e A Estrada-Lalín (1909, 1913 e 1917) e presidente da Deputación de Pontevedra (1915-1917). Foi decano do Colexio de Avogados. En agosto de 1919 foi nomeado gobernador civil de BadaxozLa Correspondencia de España, 2-8-1919, p. 6., posto no que cesou en xullo de 1920La Correspondencia de España, 5-7-1920, p. 7.; e en setembro de 1922, gobernador civil de CáceresLa Correspondencia de España, 14-9-1922, p. 6., posto no que permaneceu até decembro dese anoLas Provincias, 14-12-1922, p. 7.. Vida persoal
Viúvo e sen descendencia, o seu patrimonio pasou á súa sobriña Purificación Lorenzo Ruza, esposa de Ramón Sobrino Buhigas.
Obras Notas para reformar las leyes provincial, municipal y del sufragio, 1899. Notas para los senadores y diputados de la región gallega, 1918.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Badaxoz Categoría:Gobernadores civís de Cáceres Categoría:Finados en 1950 Categoría:Nados en 1855 Categoría:Personalidades sen imaxes