Matías Usero Rey-Torrente, nado en Ferrol o 12 de maio de 1875 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un relixioso, avogado, escritor e político galego.

Traxectoria Irmán de Antonio Usero Torrente (1879-1969), alcalde de Ferrol. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, era doutor en Teoloxía e mestre. Foi misioneiro en América e Asia e especializouse en relixións comparadas. Chegou a Porto Rico en 1910, onde se fixo espiritualista. En 1911 partiu para a España e arrepentiuse da súa apostasía. Perseguido pola Congregación do Santo Oficio por modernista e liberal, abandonou a Igrexa. Ingresou na masonaría en 1916. En maio de 1931 impartiu un ciclo de conferencias sobre as diversas relixións no Círculo Mercantil de Vigo. Militou no PSOE, aínda que despois o abandonou por consideralo demasiado submiso á Igrexa católica. Foi vicepresidente do Comité Municipal de Unión Republicana (1935) e da Fraternidad de Cultura Ferrolana, e director da Escuela Racionalista de Ferrol, de carácter anarquista. Foi excomungado e as súas obras foron incluídas no índice de libros prohibidos. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detido o 24 de xullo e procesado. Foi asasinado o 18 de agosto de 1936.

miniatura|175px|Matías Usero Torrente.

Obras Democracia y cristianismo, 1930. El peligro religioso, 1932. Jesuitismo y masonería, 1932. Concepción Arenal: heterodoxa, liberal, librepensadora, hereje, 1933. Las religiones del mundo desenmascaradas, 1933. La Iglesia y su política, 1934. Mi respuesta al P. Tusquets, 1934. La Religión de la Humanidad.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Rodríguez Lago, J. R. (2013). "Matías Usero Torrente (1875-1936) de la misión católica a la misión teosófica" pp. 125–152 en Otra Iglesia. Clero disidente durante la Segunda República y la guerra civil. Trea. 2014. ISBN 978-84-9704-747-0 .

Ligazóns externas "Matías Usero, o crego anticlerical" Radiofusiòn, 19/12/2009.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1875 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1936 Categoría:Salesianos Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Misioneiros Categoría:Anticlericais