Kosmos 196 (Космос 196 en ruso), tamén denominado DS-U1-G Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 19 de decembro de 1967 mediante un foguete Kosmos desde a base de Kapustin Yar.
Características Kosmos 196 foi o segundo e último membro da serie de satélites DS-U1-G. Estaba adicado, como o seu predecesor Kosmos 108, a estudar as capas superiores da atmosfera terrestre e a súa relación coas variacións da actividade solar. Foi inxectado nunha órbita inicial de 887 km de apoxeo e 225 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 95,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de xullo de 1968.
Notas
Véxase tamén Outros artigos DS-U1-G Kosmos 108
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U1-G