O distrito de Bududa é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa capital, Bududa. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación darredor de 123.100 habitantes.

A lingua principal falada no distrito é o lumasaba.

Limita co distrito de Sironko polo norte, coa República de Kenya polo leste, co distrito de Manafwa polo sur e co distrito de Mbale polo oeste.

Este distrito foi creado no 2006. Anteriormente formaba parte do distrito de Mbale e logo do distrito de Manafwa. Divídese nun condado, dezaseis subcondados e un concello. Ten oito áreas urbanas en crecemento en proceso de se converter en concellos, estes son:

Bududa Bukalasi Bushiika Bumayoka Bunamubi Kyikholo Bulucheke Bukigai

O distrito ten unha altitude media de 1.800 m sobre o nivel do mar. Ten un relevo característico de montañas, desfiladeiros e bosques de bambú. É unha zona chuviosa sen estación seca. O Parque nacional do Monte Elgon cobre aproximadamente o 40% do distrito.

Economía A agricultura é a actividade principal do distrito. O fértil solo volcánico así como as abundantes choivas así o permiten.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do distrito de Bududa

Bududa