thumb|220px|Fósil de Cephalaspis lyelli. Os cefalaspidomorfos (Cephalaspidomorphi) son un grupo de peixes sen mandíbulas (ágnatos). A maioría dos seus membros están extintos; porén, as lampreas actuais son ás veces consideradas cefalaspidomorfos, co que o seu rango cronolóxico se estendería desde o Silúrico e o Devoniano até os nosos días.

Clasificación En 1927, Stensiö Stensiö, E. A. (1927): The Devonian and Downtonian vertebrates of Spitsbergen. 1. Family Cephalaspidae. Skrifter om Svalbard og Ishavet, 12, 1-391. recoñeceu por primeira vez aos cefalaspidomorfos, nos que incluíu os osteostráceos, os anáspidos e as lampreas, xa que todos estes grupos compartían a presenza dun só orificio nasal dorsal, coñecido como abertura nasohipofisaria.

Desde entón, as opinións sobre os vertebrados sen mandíbulas cambiaron.Janvier, P. (1998): Early Vertebrates. Oxfordf/NewYork: Oxford University Press. ISBN 0-19-854047-7

Os ágnatos son probabelmente un grupo parafilético do cal xurdiron os gnatóstomos (peixes con mandíbulas) cuxa orixe podería estar entre os cefalaspidomorfos polo feito de compartiren a presenza de aletas pares.

Algúns zoólogos non usan o nome Cephalaspidomorphi, xa que as relacións entre osteostráceos e anáspidos non están claras, e as afinidades das lampreas tamén son dubidosas.

Outros restrinxiron o grupo dos cefalaspidomorfos para incluír nel só os grupos claramente relacionados cos osteostráceos, como Galeaspida e Pituriaspida, que eran practicamente descoñecidos nos anos 1920.

Situación sistemática das lampreas Moitos autores consideran aínda os cefalaspidomorfos como unha clase cun só grupo actual, as lampreas (petromizontiformes). Algunhas obras de referencia e bases de datos consideran Cephalaspidomorphi como unha clase linneana cuxos únicos representantes viventes son as lampreas.

Pero as evidencias suxiren que as lampreas adquiriron os caracteres que comparten cos cefaláspidos por evolución converxente.

Por iso, moitas obras máis recentes sobre os peixes clasifican as lampreas nun grupo separado, os Petromyzontida ou Hiperoartios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ágnatos Hiperoartios Lamprea

Ligazóns externas The Tree of Life

Categoría:Ágnatos