Heinrich Harrer, nado en Hüttenberg (Carintia) o 6 de xullo de 1912 e finado en Friesach o 7 de xaneiro de 2006, foi un montañeiro, deportista, xeógrafo e escritor austríaco.

Traxectoria Dende 1933 ata 1938 estudou xeografía e practicou deporte na Universidade Kart Franzen da cidade de Graz. Alí converteuse en membro da tradicional agrupación estudantil ATV Graz. Competiu nos Xogos Olímpicos de inverno de Berlín en Garmisch-Partenkirchen na competición de esquí alpino combinado. Pese ó que nalgunha ocasión afirmou, non gañou nunca unha medalla olímpica.

Harrer realizou a primeira ascensión da cara norte do Eiger en Suíza con Anderl Heckmair, Fritz Kasparek e Ludwig Vörg o 24 de xullo de 1938. Esta escalada cóntase no libro The White Spider: The Classic Account of the Ascent of the Eiger.

É especialmente coñecido polo seu libro Seven Years in Tibet no que relata os seus viaxes polo Tíbet durante a segunda guerra mundial e anos despois, nos que coñece ó Dalai Lama. En 1997 estreouse un filme baseado no seu libro, chamado Seven Years in Tibet, no que Brad Pitt interpretou a Harrer.

Publicacións Seven Years in Tibet (1952) Lost Lhasa (1953) The White Spider: The Classic Account of the Ascent of the Eiger (1959) Tibet is My Country (1961) I Come from the Stone Age (1965) Ladakh: Gods and Mortals Behind the Himalayas (1980) Return to Tibet (1985) Denk ich an Bhutan (2005) Beyond Seven Years in Tibet: My Life Before, During, and After (2007)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Heinrich Harrer Obituario en The Times, 9 de xaneiro de 2006 Obituario en The Guardian, 9 de xaneiro de 2006 Obituario en The New York Times, 10 de xaneiro de 2006 Obituario CBS, 7 de xaneiro de 2006

Museo de Harrer en Huettenberg

Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Austria Categoría:Nados no estado de Carintia Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2006