Paul François Jean Nicolas, vizconde de Barras, nado en Fox-Amphoux en 1755 e finado en 1829, foi un político revolucionario francés.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia da pequena nobreza provenzal. Aos dezaseis anos entrou como cadete no rexemento de Languedoc, destinado á India. En 1776 participou na defensa de Pondicherry diante os británicos, ata a capitulación francesa o 18 de outubro de 1778, cando co resto da gornición volveu a Francia. En 1782 participou nunha expedición ao sueste asiático, e tras o Tratado de París (1783) deixou o exército.

Tras a Revolución Francesa inscríbese na francmasonería e no club dos xacobinos. Entrou como delegado na Convención Nacional polo departamento de Var. Únese aos deputados da Montagne e votou a favor da pena de morte para Lois XVI (1793). A Convención envíao aos departamentos do sueste, fai fronte ás insurreccións que se organizan en Toulon e Marsella e confía a un descoñecido capitán de artillaría, Napoleón Bonaparte, a defensa das costas da Provenza.

Barras foi un dos principais responsables, con Jean-Lambert Tallien e Joseph Fouché, da caída de Robespierre o 9 de termidor (27 de xullo de 1794).

O 3 de novembro de 1975, pasou ao formar parte do Directorio que se encargou do poder executivo. O nomeamento de Bonaparte como xefe do exército de Italia posibilitou o mantemento do Directorio.

Foi amante de Xosefina de Beauharnais con anterioridade ao NapoleónEsdaile (2009), p. 40 e conseguiu que o Directorio noméase a Napoleón xefe do exército de Italia. Esdaile (2009), p. 42

Tras o golpe de estado do 18-19 de Brumario, Barras dimitiu e marchou ao exilio en Bruxelas e Roma.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Políticos de Francia Categoría:Nados no departamento de Var Categoría:Nados en 1755 Categoría:Finados en 1829