Ali G Indahouse é un filme británico dirixido por Mark Mylod que se estreou no 2002. Baséase no personaxe Ali G do programa de televisión Da Ali G Show. É o primeiro filme dos tres baseados en personaxes de Sacha Baron Cohen, sendo os outros dous Borat e Brüno.
Sinopse O Centro de Lecer John Nike en West Staines vai pechar por falta de fondos. A Ali G preocúpalle o destino do club alternativo de boy scouts que estivo dirixindo ata ese momento. Decidido a salvalo centro, encadéase a unha estación de autobuses de Staines. Así consegue chamar a atención do primeiro ministro, que andaba buscando un mozo intelectual que lle axudase a gañar as eleccións en Staines, e que cre atopar nel ó home que necesitaba. O político convence a Ali de que a mellor forma de salvalo centro é presentarse ás eleccións para o Goberno, e Ali tómalle a palabra.
Personaxes Sacha Baron Cohen como Alistair "Ali G" Graham/Borat Sagdiyev Michael Gambon como Primeiro Ministro Charles Dance como Deputado David Carlton Kellie Bright como Julie Martin Freeman como Richard "Ricky C" Cunningham Rhona Mitra como Kate Hedges Barbara New como Nan Ray Panthaki como Hassan B Emilio Rivera como Rico Olegar Fedoro como Ministro ruso Tony Way como Dangerous Dave Daniela Lavender como Maid John Scott Martin como Mr. Johnson
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Mark Mylod Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de Working Title Films Categoría:Filmes producidos por Eric Fellner Categoría:Filmes producidos por Tim Bevan