O Tirol é unha rexión alpina trilingüe (alemán, italiano e ladino) de Europa, actualmente dividida entre Austria (Tirol do Norte e Oriental, no Estado do Tirol) e Italia (Trentino-Tirol do Sur), que constitúen a provincia autónoma de Bolzano e a provincia autónoma de Trento. thumb|200x200px|A localización do Tirol en Europa central.|esquerdaA rexión constituíu o Condado principesco de Tirol pertencente ao Imperio Austrohúngaro ata 1918, en que foi dividida entre Austria e Italia polo tratado de Saint-Germain-en-Laye e posteriormente ratificado no acordo de Gasperi-Gruber de 1946.
Actualmente a rexión estase reorganizando na Eurorrexión Tirol-Südtirol / Alto Adigio-Trentino, cunha oficina de representación, a chamada Tirol-Büro ou Ufficio del Tirolo, en Bruxelas, coa fin de mellorar a posición política da rexión na Unión Europea.thumb|Mapa da Eurorrexión de Tirol-Südtirol/Alto Adigio-Trentino.|centro Categoría:Rexións de Europa