dereita|miniatura|Tumba no cemiterio de Ribadeo. Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, nado en Madrid o 14 de abril de 1926 e finado en Pozuelo de Alarcón, Madrid, o 3 de maio de 2008, foi un enxeñeiro e político español, Marqués da Ría de Ribadeo.

Traxectoria Fillo de Leopoldo Calvo Sotelo. Rematou os seus estudos de enxeñeiro de camiños en 1951, pasando a ocupar cargos de directivo en RENFE (chegou a ser presidente desta empresa). Máis tarde foi nomeado conselleiro delegado de Unión de Explosivos Riotinto S.A. Posteriormente foi elixido procurador en Cortes como representante dos empresarios de industrias químicas, posto que ocuparía durante catro anos, até que en 1975 foi nomeado Ministro de Comercio durante a presidencia de Adolfo Suárez. Durante o goberno deste, desempeñou diversos cargos: Ministro de Obras Públicas, Ministro de Relacións coas Comunidades Europeas e Vicepresidente Segundo para asuntos económicos. En febreiro de 1981 foi investido Presidente do Goberno, tras a dimisión de Adolfo Suárez.

Durante a votación da súa candidatura para Presidente do Goberno (23 de febreiro de 1981), entraron no Parlamento varios gardas civís, que baixo o mando do tenente coronel Antonio Tejero pretendían dar un golpe de Estado militar. Este golpe foi abortado. O goberno de Calvo Sotelo nacía nunhas datas nas que as manifestacións populares contra a involución política, o paro e a debilidade da coalición política permanente protagonizaban a actividade pública española.

Durante o seu mandato, España uniuse á OTAN, que foi moi criticada polo PSOE.

Era tío de Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo (exministra de Educación), e sobriño de José Calvo Sotelo, quen fora Ministro de Facenda durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera.

Relacións con Galicia Aínda que nado en Madrid, os seus tíos naceron en Galicia (Joaquín na Coruña e José en Tui como o seu pai), polo que Leopoldo Calvo-Sotelo conservaba un forte vencello coa vila de Ribadeo. Alí pasou parte da súa infancia, alí estudou o bacharelato e alí acudía tamén nos veráns. O rei Xoán Carlos I, o 24 de xuño de 2002, concedeulle o título de Marqués da Ría de Ribadeo con grandeza de España, creado a pé feito para el.

Os seus restos mortais descansan no camposanto de Ribadeo.

Obras

1990, Memoria viva de la transición. Madrid: Plaza & Janés/Cambio 16 ISBN 9788478630103 1999, Papeles de un cesante desde la barrera. Madrid: Galaxia Guttemberg. ISBN 9788481092349 2003, Pláticas de familia, 1878-2003. Madrid: La Esfera de los libros. ISBN 9788497341479

Notas

Véxase tamén

Outros artigos José Calvo Sotelo (tío) Joaquín Calvo Sotelo (tío)

Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros do Goberno de España da I Lexislatura Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Políticos de UCD Categoría:Políticos do CDS Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Ministros de Fomento de España