O Kajaanin Hokki ou simplemente Hokki é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Kajaani (Finlandia). Dende a tempada 2002-03 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a liga Mestis, competición que gañou nunha ocasión (2007) e conseguiu unha medalla de prata (2008), e a de bronce noutra ocasión (2009). Foi fundado en 1968 e xoga os seus partidos como local no Kajaanin jäähalli, un pavillón con capacidade para 2.372 espectadores.
Historia O club foi fundado en 1968 e na tempada 2001-02 conseguiu o ascenso da Suomi-sarja á Mestis tras derrotar na cualificación ao Diskos de Jyväskylä, conseguindo ese mesmo ano o seu primeiro título, o do campión da Suomi-sarja. Na tempada 2006-07 conseguiu o seu segundo título da Mestis, conseguindo a medalla de prata da competición ao ano seguinte, e o bronce no 2009. miniatura|esquerda|O Terrafame Stadion de Sotkamo foi o escenario do Talviklassikko da tempada 2024-25, no que o Hokki bateu o seu mellor rexistro de asistencia ata a data. Na tempada 2024-25 o Hokki superou o seu mellor rexistro de asistencia a un partido. O fito produciuse o 15 de febreiro de 2025, cando se enfrontou no Talviklassikko (en galego "Clásico de Inverno") ao IPK no Terrafame Stadion de Sotkamo. O partido finalizou coa vitoria do equipo local por 4-3 ante 2 036 persoas.
Esa mesma tempada finalizou a liga regular da Mestis na última posición e posteriormente perdeu na primeira rolda das eliminatorias de cualificación da Mestis fronte o KeuPa. O 24 de marzo de 2025 o Hokki declarouse en creba debido á complicada situación económica da empresa, polo que o equipo non participou na serie de cualificación contra o campión da Suomi-sarja, Nokian Pyry. A xunta da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo decidirá sobre a posibilidade de que o Nokian Pyry, que se clasificara para as eliminatorias de cualificación, solicite un posto na Mestis para a tempada 2025-26.
Pavillón
miniatura|250px|Exterior do Kajaanin jäähalli. O Hokki xoga os seus partidos como local no Kajaanin jäähalli, un recinto situado en Vimpelinlaakso e con capacidade para 2 372 persoas nas bancadas, das cales 781 son asentos e 1 591 son de pé. A construción do Kajaanin jäähalli finalizou en 1989, cando o Hokki xogaba na II-divisioona. En 2008 o pavillón foi remodelado, e en 2011 renovouse a pista. O récord de asistencia ao Kajaanin jäähalli data do ano 2007, cando o 1 de marzo 1 577 persoas asistiron ao partido que o equipo local disputou fronte o Sport nas semifinais da Mestis.
Xogadores Xogadores destacados Nico Aaltonen Charles Bertrand Atte Engren Antti Erkinjuntti Patrik Forsbacka Antti Halonen Kimmo Happo Jarkko Hattunen Jonne Hattunen Eetu Heikkinen Jarkko Heikkinen Svatopluk Hermann Sasu Hovi Pasi Häkkinen Aatu Hämäläinen Sergei Ivanov Janne Jokila Jyri Junnila Sami Kaartinen Aki Kangasmäki Antti Kangasniemi Veikko Karppinen Joonas Kemppainen Juho Keränen Juha-Pekka Ketola Marko Kilpeläinen Petri Koivisto Eerikki Koivu Vladimír Kolek Risto Korhonen Vjatšeslav Kulpin Juri Kuznetsov Jere Laaksonen Lauri Lahesalu Tommi Leinonen Jarno Levonen Tuomas Lohtander Tomi Mustonen Joni Myllykoski Tuomas Nikoskelainen Atte Ohtamaa Tommi Paakkolanvaara Mikko Palomäki Jean-Philippe Paré Janne Pesonen Antti Reivonen Pekka Rinne Mikko Rämö Teemu Seppänen Žiga Svete Antti Tenhunen Pekka Tuokkola Jani Tuppurainen Iikka Törnvall Jesse Virtanen Juha Virtanen Teppo Virta Marko Virtala Teemu Virtala Antti Ylönen
Números retirados Hokki ten retirado os seguintes números ao longo da súa historia:
Números retirados de Hokki Número Nome 20 Marko Kilpeläinen 95 Jarkko Heikkinen
Palmarés Trofeos colectivos Mestis A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo unha vez: 2006-07 2 medalla de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2007-08, 2015-16 2 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2008-09, 2014-15
Suomi-sarja Campión: 2001-02, 2018-19
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Hokki