Ángel Álvarez Mendoza, nado en Madrid en 1873 e finado en Cornudilla (Burgos) o 12 de xaneiro de 1957Necrolóxica en ABC, 16-1-1957, p. 51, foi un avogado e político español.

Traxectoria Foi avogado no bufete de Eugenio Montero Ríos e despois no de Manuel García Prieto. Como membro do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Castrojeriz (Burgos) nas eleccións de 1905, e nas eleccións de 1910 polo distrito de Lalín. Continuou como deputado por Lalín nas sucesivas eleccións ata 1919. Foi Subsecretario de Instrución Pública (1913) e Subsecretario de Gobernación (1916).

Vida persoal Casou con Carolina Sanjurjo Lirón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1957