La Voz de Mondoñedo foi un semanario editado en Mondoñedo entre 1903 e 1925.
Historia e características Subtitulado Periódico semanal, apareceu o 29 de marzo de 1903. Fundado por Dodolino Trigo, comezou sendo liberal e defensor da política de Eugenio Montero Ríos. Entre os seus colaboradores figurou Antón Villar Ponte. Pasou a mans de Edesio Mancebo en 1919 e, despois, de Constantino Sánchez, converténdose en voceiro dun político local. Incluíu colaboracións literarias. Deixou de publicarse en 1925.
Segunda etapa Rexurdiu na primeira quincena de xuño de 1936 co subtítulo Periódico quincenal independiente baixo a dirección e propiedade de Jesús López Díaz.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:1903 en Galicia