O Savonlinnan Pallokerho ou SaPKo é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Savonlinna (Finlandia). O club foi fundado en 1929 e dende a tempada 2006-07 ata a 2021-22 competiu na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, ata que se declarou en bancarrota logo de finalizar a tempada. Xogaba os seus partidos como local no Talvisalon Gigantti-areena, un pavillón con capacidade para 2 833 espectadores.

Historia En 1929 fundouse o club deportivo Savonlinnan Pallokerho. Inicialmente estaba formado por dúas seccións: fútbol e bandy, mais dende os anos '60 o hóckey sobre xeo converteuse no principal deporte.

Nos anos sesenta, o SaPKo xogou durante catro tempadas na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, mais en 1971 descendeu á Suomi-sarja. En 1974 creouse a nova Primeira División e o SaPKo foi un dos equipos que participou na tempada inaugural. O SaPKo asentouse como equipo da I-divisioona excepto por algunha visita pola Segunda División. En 1968 o equipo conseguiu chegar ata a final da Suomen Cup, mais caeu fronte ao Koo-Vee por 10-2.

O seguinte grande éxito do club chegou na tempada 1994-95, cando realizou unha gran tempada regular con equipos como o capitán da selección canadense Brian Tutt e conseguiu disputar a promoción de ascenso á máxima categoría, a SM-liiga. Xogou o play-off de ascenso fronte ao Ilves de Tampere, mais non puido acadar o ascenso. Logo deste éxito comezou unha caída que culminou co descenso á Suomi-sarja. A finais da tempada 2005-06, o SaPKo conseguiu finalmente a promoción á segunda categoría, a Mestis.

Durante anos o club loitou coas dificultades financeiras, que durante a tempada 2021-22 tentáronse solventar con medidas como a venda de bufandas a 50 euros ou cunha subvención de 50 000 euros da propia cidade de Savonlinna, que por motivos xudiciais nunca chegou ao club. O 21 de xuño de 2022, logo da xunta xeral da entidade, revelouse que esta tiña unha débeda total algo inferior aos 230 000 euros e tomouse a decisión de declarar o equipo en bancarrota. Finalmente, o 22 de xuño a directiva de Savonlinnan Pallokerho Oy fixo oficial que o equipo se declaraba en bancarrota ao considerar que as súas operacións non eran viables a causa dos recursos financeiros insuficientes. Tamén se sinalou que probablemente o equipo representativo comezaría nos niveis inferiores nalgún momento.

Xogadores Números retirados Números retirados de SaPKo NºXogador 2 Paavo Tirkkonen 3 Jyrki Turunen 5 Ahti Ruohoaho 10 Raimo Turkulainen 22 Pekka Tirkkonen 35 Jarmo Myllys

Xogadores destacados Timo Ahmaoja Marko Ahosilta Hannu Aravirta Antti Bruun Matt Coté Aleksandr Fatkullin Arto Heiskanen Raimo Hirvonen Erkki Huttunen Jari Hämäläinen Timo Iljina Jan-Mikael Järvinen Vesa Karjalainen Toni Koivunen Kalle Konsti  Tero Koponen Jari Korpisalo Gennadi Kurdin Jukka-Pekka Laamanen Joni Lindlöf Tuomo Litmanen Tuomas Lohtander Steve MacDonald Vladimír Machulda Danny Malone Petri Matikainen Randy Maxwell Juho Mielonen Antti Nyrhinen Hannu Oksanen  Jussi Pekkala Jukka Piirinen Jesper Piitulainen Jussi Piuhola Joonas Rask Seppo Repo Ari Saarinen Ari Tamminen Jarno Tiilikainen Antti Tirkkonen Pekka Tirkkonen Viktor Tjumenev Tommi Turunen Pasi Varhevaara Tuomas Vänttinen

Xogadores na NHL Jarkko Immonen Jari Kaarela Ville Leino Jarmo Myllys Tuukka Rask Iiro Tarkki Brian Tutt

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia