Unha SnorriCam (tamén coñecida como chestcam, cámara BodyMount, bodycam ou BodyMount) é un dispositivo estabilizador de cámara que se emprega no cine. A súa característica fundamental é que a cámara aparéllase co corpo do actor, enfocándoo directamente. Deste xeito, cando o actor se move, especialmente se camiña ou corre, prodúcese un efecto polo que semella estar quieto mentres todo o que o rodea se move. Unha Snorricam presenta un punto de vista dinámico dende a perspectiva do actor, establecéndose no plano teórico unha especie de "terceira persoa subxectiva"Torrijos, Pedro Non hai mapas para estes territorios (II): A hiperrealidade e a gramática visual Magazine cultural JotDown. Accedido o 5/3/2012. e proporcionando unha sensación pouco usual de vertixe para o espectador.

Historia A Snorricam leva o nome dos seus deseñadores,Snorri Bros. Snorricam Páxina oficial dous fotógrafos e directores islandeses, Einar e Eiður Snorri, que traballaron xuntos baixo o nome de irmáns Snorri, aínda sen ter parentesco..

O concepto no que se basea a SnorriCam tense empregado durante décadas. Varios dispositivos cunha filosofía similar utilizábanse xa en películas tan antigas como Seconds, de 1966. Porén, a utilidade do "dispositivo de punto de vista" estaba limitada polo peso da cámara. Como a maioría de cámaras de cine de 35 mm eran demasiado pesadas para poder levalas doadamente, o desenvolvemento do dispositivo non tiña aplicación práctica. Coa aparición da Steadicam e a fabricación de cámaras máis pequenas, lixeiras e insonorizadas que podían caber na plataforma Steadicam, unha vantaxe engadida destas novas cámaras era a posibilidade de fabricar un dispositivo de punto de vista tal como a Snorricam.

Usos no cine Os seguintes filmes teñen secuencias con Snorricam:Busca en IMDb: "snorricam" Mean Streets (1973), na que o protagonista, interpretado por Harvey Keitel móvese a través dun bar ateigado. Truck Turner (1974) Psicosis (1960) Angst (1983) Jacob's Ladder (1990) Malcolm X (1992) Juice (1992) Bound (1996) Lock, Stock and Two Smoking Barrels (1998) Armageddon (1998) π (1998) e Requiem for a Dream (2000), dirixidas por Darren Aronofsky. Dil Chahta Hai (2001) 25th Hour (2002) Kannathil Muthamittal (2002) La sirène rouge (2002) Enduring Love (2004) Dalkomhan insaeng (2005) Stay (2005) Tsū Desu oa Rabu (2005) Kicking & Screaming (2005) Babel (2006) Kidulthood (2006) See No Evil (2006) Inside Man (2006) I am Legend (2007) No Smoking (2007) Heyy Babyy (2007) 28 Weeks Later (2007) Max Payne (2008) RocknRolla (2008) Slumdog Millionaire (2008) Adulthood (2008) District 9 (2009) Resacón nas Vegas (2009) Terminator Salvation (2009) Orfa (2009) Rakta Charitra (2010) Red State (2011) Cowboys & Aliens (2011) The Muppets (2011)

Notas

Categoría:Cinema