José Joaquín Barreiro Ferro, nado en Santiago de Compostela en 1814 e finado en Madrid o 6 de xuño de 1870, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Fernando María Barreiro Moscoso, casou en primeiras nupcias en 1846 con Luisa María Taboada de Losada, filla dos Señores de Tor, e en segundas con Alejandra de la Riva. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Arzúa en 1846, 1850, 1853, 1857, 1858, 1863 e 1864 e polo de Santiago de Compostela en 1869. Foi gobernador civil da provincia da Coruña en 1865.
Véxase tamén Ligazóns externas A implicación do deputado Barreiro con Arzúa
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1814 Categoría:Finados en 1870 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos